h1

O BOI DE ‘GARABANCIÑO’, EN ALLARIZ

Setembro 29, 2009

O boi de Garavanciño. Marc Taegger. Kalandraka Editora

Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de 1º curso do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Nunha estupenda mañá de outono, e despois de pasar diante do mercado, chegaron á Biblioteca Municipal para participar nas sesións de contos con música de PALABRAS NO AR. Alí agardábanos Pablo e Patricia cunha chea de personaxes, algún moi familiar para eles…

Contacontos con Música Kalandraka

  

Ilustración de Paco. Blanca Barrio. Editado por Kalandraka O primeiro en saír por un buraquiño que había entre os grosos muros de pedra da Biblioteca foi Paco, un rato pequeno que quixo marchar á lúa porque lle dixeran que era de queixo fresco. Así que acompañámolo na súa longa viaxe e ata reparamos  a súa saudade cantándolle unha nana.  Queredes escoitala? Pois aí vai…

 

Despois tentamos convencer ao papá de Amelia para que lle mercara un can. Foi unha dura tarefa, pero finalmente conseguímolo. Cando alguén quere algo de verdade, ser teimoso é a mellor estratexia. E como no conto de Amelia non houbo música… Pablo aprendeunos a acompañar coas mans  a muiñeira, mentres el tocaba co seu clarinete.

Contacontos Allariz

E por fin,  apareceu o boi. Nun dos contos descubrimos un boi enorme e moi famento ao que lle encantaban as coles. O protagonista desta historia é Garabanciño, un neno tan pequeno coma un garabanzo. Pero como era moi, moi forte, foille levar o xantar ao seu pai. Cando comezou a chover, resgardouse debaixo dun repolo e ao pouco quedou durmido. Cando o  boi pasou por alí, non puido resistir e… ÑAM!

Que como saiu? Podédelo imaxinar…

  Ilustracion Garabanciño. Marc taegger

E para rematar unha mañá de aventura,  Un, dous, tres, que ves? a ritmo de swing.

1 2 3 no lagarto baixa

Abur, rapaces!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: