h1

PEQUECHOS DO RÍO ARNOIA

Setembro 24, 2009

Obradoiro de oralidade Allariz

O libro “A banda de Vilacendoi” foi o punto de partida dun dos obradoiros de oralidade de PALABRAS NO AR en Allariz. Velaquí o comezo desta fermosa historia do autor e ilustrador Xulio Gayoso:

 

O certo é que esta descrición ben podería corresponder a moitas aldeas e pequenas vilas galegas. Escoitade o que di esta nena de 4º curso sobre a súa: “Allariz é un pobo…”.

 

…Non é tan diferente de Vilacendoi, verdade? Prestade atención tamén ao que nos din estoutros compañeiros seus:

Obradoiro oralidade Allariz 2



Como podedes comprobar, o río está presente en case todos os comentarios que os nenos e nenas fan da vila. Por iso lles propuxemos que crearan  adiviñas protagonizadas por animais deste ecosistema, para facer este PEQUECHOS DO RÍO… Arnoia.

Animádevos a descubrir por vós mesmos os segredos do río. Buscade no fondo da auga, debaixo das pedras, entre a vexetación da ribeira… Os vosos novos amigos fluviais, agardan a que os atopedes.

Advertisements

One comment

  1. […] unha nova proposta lúdica no blog de PALABRAS NO AR. Trátase dun audiovisual que contén adiviñas elaboradas polos nenos e nenas de Allariz, no marco […]



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: