h1

ALLARIZ TEN… UNHA ‘AMORA’

Setembro 23, 2009

Obradoiro oralidade Allariz

Hoxe comezaron os obradoiros de PALABRAS NO AR  en Allariz, coa participación dos nenos e nenas de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo.

Na Biblioteca Municipal, onde se celebran as actividades, o primeiro que fixeron os escolares foi contarnos como ven eles a súa vila: Allariz ten…

Allariz_barrio_xudeu[1]Contan as crónicas que foi  no barrio de Socastelo, onde -no século XIII  e tras diferentes ubicacións-  se asentaron definitivamente os xudeus que habitaban na vila. Da súa presenza consérvanse vestixios no urbanismo, na toponimia, nos costumes e nas tradicións,  como a FESTA DO BOI, vencellada á historia desta comunidade. 

Por este motivo decidimos traer un convidado especial a este primeiro obradoiro de oralidade: o álbum titulado “Amora“.

amoraCon ilustracións de Oscar Villán, a rima recollida e recreada por Anxos Garabana ten  a súa orixe  nas comunidades  xudeas que habitaban en Galicia e no norte de Portugal. Adoitaban cantala no tempo da Pascua, chegando ata os nosos días e incorporada á tradición. Este pobo levouna consigo no seu éxodo e hoxe atopámola nas comunidades sefardís espalladas polo mundo, nas que tamén se conserva unha versión moi semellante:

Estavase la mora en su bel estar
Vinia la moshka por azerle mal.
La moshka a la mora
La mora a la moshka
          Meskina la mora
          Ke en los kampos mora…

(Versión recollida pola comunidade sefardí de Rodas).

Escoitemos un anaquiño de “Amora”, cantada e contada polos nenos e nenas de Allariz, coa axuda de Alberto Barreiro ao acordeón:

Obradoiro con Amora Cantando Amora

 
 
Gustouvos? Agardamos as vosas impresións sobre este conto, o obradoiro de PALABRAS NO AR e as vosas suxerencias para próximas sesións. 
Advertisements

One comment

  1. Un conto fantástico! Noraboa aos nenos e nenas de Allariz e tamén a Alberto. Moi bonito o acompañamento co acordeón. Felicidades.



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: