h1

‘PALABRAS NO AR’ …DE ALLARIZ

Setembro 20, 2009

ruasdeallariz

O equipo de PALABRAS NO AR chega esta semana a Allariz, no corazón da provincia de Ourense, para desenvolver -no marco da campaña BOCABERTA– as súas actividades de dinamización lingüística. Obradoiros de oralidade, obradoiros de escrita creativa e sesións de contos con música ocuparán o tempo de todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria  da vila, que visirán a Biblioteca Municipal entre os días 22 de setembro e 2 de outubro.

Nesta ocasión, as actividades extenderanse á Escola Infantil “A Galiña Azul” da vila alaricana, así como aos centros de ensino dos concellos veciños de Sandiás, Baños de Molgas, A Merca, Taboadela, Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas.  Velaquí a oferta de actividades de PALABRAS NO AR:

  •   Día 22 de setembro:

                – 10:30  BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade

                – 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade

  •   Día 23 de setembro:

                – 9:30  BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade

                – 10:45 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade

                – 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade

  •   Día 24 de setembro:

                – 10:30  BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa

                – 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa

  •   Día 25 de setembro:

                – 10:30  BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa

                – 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa

  •   Día 28 de setembro:

                – 10:30  E.E.I. SANTA CRUZ : Sesión de contos con música (para nenos e nenas de San Cibrao/Paderne/Taboadela)

                – 12:00 C.E.I.P. BAÑOS DE MOLGAS: Sesión de contos con música

  •   Día 29 de setembro:

                – 10:30  BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música

                – 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música

  •   Día 30 de setembro:

                – 10:30  BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música

                – 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música

  •   Día 1 de outubro:

                – 10:45 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música

                – 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música

                – 3:00 CEIP SANDIAS: Sesión de contos con música

  •   Día 2 de outubro:

                – 10: 45 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música

                – 12:15 C.E.I.P. A MERCA: Sesión de contos con música

E como en anteriores ocasións, a campaña rematará coa emisión, en Radio Allariz, dos programas PALABRAS NO AR, onde terán cabida as creacións  dos nenos e nenas participantes nas sesións e nos obradoiros.

Seguide atentos ao noso blog, onde poderedes ver todo o que acontece durante a nosa estandía ourensá.

 

Advertisements

One comment

  1. Noraboa, Palabras no ar. Xa hai 60 entradas neste blog tan bonito, útil e traballado. A polos 100 ‘posts’… e moitos máis!



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: