h1

ESCRITA CREATIVA EN FONTIÑAS

Setembro 4, 2009

Novos creadores de Fontiñas

O obradoiro de escrita creativa  que tivo lugar na Escola de Fontiñas a partir da proposta da obra “Batalla de Naipes” deu como resultado as creacións colectivas que podedes ler a continuación.  Imaxinación e creatividade a moreas para comezar o novo curso.

Animais de compaña

 Nun castelo vivían o rei de ouros, o cabaleiro de espadas e a sota de ouros, que tiñan un can. O can falaba e os outros ladraban: -guau guau- (ouvíase), -bla bla- (escoitábase). Tamén tiñan un gato. O gato falaba e os reis miañaban. Un día pola mañá déronse de conta de que xa non miañaban, e puxéronse moi contentos. O rei de ouros, a sota de ouros e o cabaleiro de espadas, desde aquela, non paraban de falar. De tanto falar, ao cabo de dous días, quedaron afónicos e tiveron que estar un mes sen falar.

Bufón. Ilustración de Josep Rodes en Batalla de Naipes Rei de bastos e sota de copas

 Había un rei de bastos e unha sota de copas que se pelexaron a sotazos e a copazos, porque os dous dicían que eran un máis forte que o outro, e fixeron un concurso para ver quen era máis forte, e empataron ! Como empataron, fixéronse amigos para toda a vida e morreron de vellos e comeron coellos.

Os amigos

Érase unha vez un rei que un día saíu de paseo. Cando se deu de conta de que tiña que volver para o castelo, estaba perdido no bosque, e encontrouse cun cabaleiro de espadas que o salvou. Desde entón son moi amigos.

Desde entón os dous xuntos fixeron moitísmas cousas: xogaron ao xadrez, ao parchís, botaron carreiras e así durante moito tempo, ata que se fixeron vellos e morreron.

Ilustración Batalla de Naipes de Josep Rodes Rei de ouros  vs. cabaleiro de bastos

 Había dúas familias que se levaban moi mal, das que eran xefes o rei de ouros e o cabaleiro de bastos. Á mañá, ao levantárense, non puideron conterse máis e declaráronse a guerra, e cada día un conquistaba algo; un día mataban corenta cabaleiros, outro día destruían unha muralla, e así durante dous meses. A filla do rei e a do cabaleiro declaráronse amor eterno. Un día, a filla do rei encontrou o pequeño cabaleiro na cama e pensou que quizais estaba morto, por iso quixo tomar un veleno e morrer. Cando o pequeño cabaleiro acordou, tomou o veleno que lle quedaba nos beizos.

 A amizade pódeo todo

Rico de Ouro e Pico de Espadas eran moi amigos, xogaban xuntos ao xadrez, ao fútbol (aínda que cando Pico de Espadas tocaba o balón, este pinchábase), pero os seus pais, Don Asquerosamente Rico, e Vouche Pinchar o Balón, eran inimigos. Por iso os pais lles dixeron aos seus fillos que o outro íao atacar, que llo dixera o seu cabaleiro máis fiel.

Os dous nenos non saían xogar desde aquel día, non se vían nin á cara, pero a irmá dun deles pediulle a saír ao outro e armouse unha tremeeeeeeeeeeeeeeeeenda. Ao final morreeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeron, e os reis crearon un novo mar, o mar Choromiqueiro, e fixéronse amigos.

Afiado I. Ilustración Batalla de Naipes de Josep Rodes

 Abra Kadabrín

 Érase unha vez un rei que se chamaba Simplón, que resultaba ser meigo. E un cabaleiro que tiña o cabalo máis rápido do universo. Estes dous personaxes estaban seguido a botar carreiras: que se de cen quilómetros, que por debaixo da auga… Pero sempre empataban.

O cabaleiro marchou a adestrar e o rei igual.

O rei adestrou deste modo: correndo dúas horas seguidas, facendo pesas, botándolle carreiras a unha lebre…

O cabaleiro adestrou ao cabalo doutra forma: fíxolle correr catro horas ao día. Un día, cando o cabalo estaba ben adestrado, díxolle ao rei se lle botaba unha carreira e o rei preguntoulle se fixera plans do circuíto. Saíron coma balas, pero o rei correu moito máis que o cabaleiro e gañou a carreira.

Animádevos a ler “Batalla de naipes” e enviádenos as vosas historias de reis, cabaleiros e princesas da baralla ao noso blog.

Agardámosvos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: