h1

DE VOLTA AO COLE

Setembro 3, 2009

Reloxo do coelliño branco

Chegou a hora de voltar e o equipo de KALANDRAKA retoma o seu contacto cos nenos e nenas composteláns para finalizar as actividades da campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR durante os días 2, 3 e 4 de setembro . Percorreremos novamente a Rede Municipal de Escolas Infantís  e os centros escolares CEIP Pio XII, CEIP López Ferreiro e CEIP de Fontiñas para achegarlles aos máis cativos a lingua galega mediante un programa lúdico artellado en torno á literatura, á música e á creación .

 

Mural Pablo Otero 'Peixe'

A primeira actividade programada -unha sesión de contos con música-  tivo lugar esta mesma mañá na Escola Infantil Municipal “O Coelliño Branco” no barrio das Fontiñas. Antes de entrarmos a escoitar os contos puidemos contemplar un gran mural pintado no corredor central da escola,  o curso pasado, polo ilustrador Pablo Otero (“Mateo”, “O príncipe das sombras”, as dúas obras en KALANDRAKA) coa axuda dos nenos e nenas da escola .

 Gústavos? A nós parécenos fantástico!

Contacontos KalandrakaLogo comezaron os contos e a música. Paco, O poliño da abeleira, Lúa… foron xurdindo a ritmo de pandeireta, de acordeón e de frauta para que os cativos e as súas mestras pasaran unha inesquecible xornada de volta ao cole.

E chegou a hora de marchar… coa música a outra parte !  Pero non moi lonxe, porque as seguintes actividades tiveron lugar un chisco máis tarde na biblioteca do CEIP de Fontiñas. Primeiro, unha tropa de nenos de 4 a 8 anos que estes días participan nas actividades da Escola de Verán tiveron a oportunidade de escoitar a Alberto e a Patricia contando e cantando. Queredes ver un petisco do que foi esta divertida sesión? Pois velaí os tedes en plena acción!

Sóubovos a pouco? Pois para rematar, unha muiñeira interpretada pola inesquecible banda acompañada dos nenos e nenas de Compostela.

Banda baixa

 

 

E esto non foi todo. Despois dos contos e da música, rapaces de 5º e 6º de Primaria compartiron con Alberto un obradoiro de escrita creativa, do que vos daremos conta no próximo artigo.

 Ata pronto e seguide moi atentos a PALABRAS NO AR.

Advertisements

One comment

  1. […] Blog de PALABRAS NO AR irá recollendo sucesivamente cantas novidades acontezan ao longo desta nova etapa da campaña que, […]



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: