h1

GALEGO CON ACENTO PORTEÑO

Xullo 28, 2009

 Natalia Colombo, na súa intervención con motivo da entrega do I Premio Compostela

Ola amigos, son Natalia Colombo, e hai máis ou menos un ano tiven a grandísima sorte de cruzar o mar e coñecer parte de Galicia. A sorte foi aínda maior cando puiden atoparme con moitos nenos que viven aí, e que me recibiron cos brazos abertos. Todo isto grazas a un pato e un coello, que son os que fixeron que eu puidera vivir esta experiencia que non vou esquecer nunca…

Natalia Colombo é a autora e ilustradora de “Cerca”, o álbum gañador do I Premio Compostela de Álbums Ilustrados, que KALANDRAKA editou en sete linguas. Grazas á tecnoloxía, a súa voz -en galego, co seu suave acento porteño- cruzou o Atlántico para soar no espazo radiofónico de PALABRAS NO AR e quedar plasmada neste blog para todos os seguidores da campaña. A mensaxe completa pódese ler e escoitar a continuación…

 

…O señor Pato e o señor Coello escríbenme a cotío, e cóntanme que hai moitos nenos que lles queren moito e que queren que sexan amigos. Que non poden crer que non se saúden vivindo tan Cerca. Entón os rapaces debuxan historias nas que Pato e Coello xogan xuntos e son os mellores amigos. Con tantas historias de tantos nenos, Pato e Coello xa se deron conta de que unha das cousas máis lindas que lles pode pasar na vida, é ter amigos. Por iso prometeron saudarse sempre e xogar todas as tardes no parque. Eu, desde Bos Aires, estando moi lonxe de vós, son moi feliz sabendo que o señor Pato, o señor Coello e eu, xa temos moitísimos amigos novos en Santiago e no resto de Galicia, cos que xogar e ler contos. Grazas amigos!!!

                                                                                                                                                                           Natalia

O señor Pato e o señor Coello, protagonistas de "Cerca" (figuras realizadas por Mari-Sol García, de KALANDRAKA)

Natalia Colombo, unha autora e ilustradora comprometida e sensible cos lectores, creadora de historias cercanas sobre a vida cotiá das persoas. Axudade a Pato e a Coello a forxar lazos de amizade fortes e duradeiros, compartide con eles as vosas vivencias, invitade a outros animais a coñecer aos protagonistas deste libro para que creza a pandilla de amigos, e viaxade con eles polo mundo da imaxinación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: