h1

ADIVIÑA…. REFRÁNS

Xullo 10, 2009

LIBROS ANTIGOSPALABRAS NO AR  segue a deparar sorpresas marabillosas. Hai algúns días, atopamos un importante achado: un antigo libro que durmía no faiado dunha vella escola en Santiago de Compostela. Despois de limpalo con moito agarimo, puidemos abrir as súas páxinas e descubrir que se trataba dun libro galego de refráns  recollidos por un mestre de escola hai máis de 200 anos . Pero… o tempo non pasa en balde, e naquel libro había liñas que non podiamos ler por mor das manchas que a humidade foi deixando co paso dos anos. Con moito traballo e coa axuda dos nenos e nenas composteláns, puidemos  recompoñer as liñas que faltaban. E pareceunos un labor tan divertido, que tamén volo propoñemos a vós. Descubride:

Transcribimos a continuación algúns destes refráns para que poidades recompoñelos. Dámosvos algunhas pistas que agardamos que vos axuden na vosa  investigación. Despois podedes escoitar a solución premendo no reproductor.

Ah!, e non sexades trampóns. Non escoitedes a solución antes de escoller a vosa opción…

– Días de maio, días de desventura. Aínda ben non amañece…

   a) e xa é noite escura.

   b) pónsenos a cara dura.

   c) a froita xa está madura.

   Escoita:

– Máis vale un favor feito…

   a) que camiñar dereito.

   b) que tirar proveito.

   c) que cen apalabrados.

   Escoita:

– Quen fala o que non debe…

   a) terá unha dor leve.

   b) que ninguén se lle achegue.

   c) oe o que non quere.

   Escoita:

– Falar ben…  

   a) é o mellor que ten.  

   b) pouco custa.

   c) non asusta a ninguén.

   Escoita:

– En San Xoán…

   a) comeza o verán.

   b) a sardiña molla o pan.

   c) pónseche cara de can.

   Escoita:

– Non hai peor xordo…

   a) que o que está gordo.

   b) que o que non quere ouvir.

   c) que o que viaxa a bordo.

   Escoita:

– Quen ten boca…

   a) chega a Roma.

   b) mete a zoca.

   c) tamén ten dentes.

   Escoita:

– Mandar rapaces á vendima…

   a) éche unha cousa ben fina.

   b) é cousa perdida.

   c) é idea da miña prima.

   Escoita:

Que tal a vosa investigación? Escribídenos para contarnos como vos foi. Ou para mandarnos máis refráns que saibades.

Unha forte aperta e seguídenos en PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: