h1

FESTA GASTRONÓMICA NAS FONTIÑAS

Xullo 8, 2009

Fontiñas

Ás beiras do santuario de san Lázaro, no barrio das Fontiñas, as nenas e nenos da escola de verán de Compostela fixeron un alto nas súas actividades ao aire libre para agasallarnos con un novo recetario cheo de orixinalidade e preparado para os padais máis exquisitos.

Esta proposta parte do libro Sopa de soño de J.A. Ramírez Lozano que ofrece orixinais e surrealistas receitas como a que podedes escoitar a continuación na voz dun pequeno das Fontiñas

 

Seguindo este exemplo os nosos cociñeiros propóñennos un menú digno da mesa do día do Apóstolo: unha suculenta viaxe polos sabores da xeografía galega, un fermoso prato de parrulos presentados á festa e unha empanada cunha zaragallada un tanto especial que ha de espertar os nosos máis cariñosos sentimentos.

  Mapa de Galicia en aceite

 Ingredientes:

  • Mapa galego.
  • Aceite de xirasol.
  • Sal mariña.
  • Pementos.
  • Cogombro.

 Empezamos: Imos ás mellores librerías e mercamos un pequeno mapa de galego. Despois imos ao supermercado e mercaremos sal mariña e cogombros de boa calidade. Despois imos  a Padrón e mercamos pementos saborosos.

Queres escoitar a receita na voz do seu cociñeiro. Pois velaquí a tes.

 Parrulos de goma ao vapor

  Ingredientes:

  • Parrulos de goma.
  • Ola a presión.
  • Cordeis.

Ingrediente parrulo de goma Os parrulos de goma son un espécimen moi común nas bañeiras dos nenos pequenos. Os mellores son os brancos con pintas negras, e os máis comúns son os amarelos con peteiro laranxa. Para cazalos as escopetas de perdigóns non valen, fai falla unha escopeta de francotirador porque os parrulos son moi asustadizos. Para cociñalos hai que atarlle o peteiro para que non saia o aire e inche. É mellor metelos nunha ola a presión. Ao final terán unha cor rubia, pero coidado, poderían saír voando. Para presentalos recomendo atalos coma se fosen globos e unha pedra no medio da fonte.

Escoita tamén ao creador da receita.

Empanada de bicos.

 Ingredientes:

  • moitos bicos
  • masa de empanada.

Escribindo receitas 1Para empezar hai que coller os bicos de todo o mundo: bicos por carta, bicos de esquimó, bicos na meixela, bicos polo ar, bicos que os desexas, bicos nos beizos… Pero todos eles teñen que conter moita alegría.

Para atrapalos tes que coller un papel perto da persoa que o dá.

Primeiro tes que coller a base da empanada e Nela poñer enriba o papel co que recolliches todos os bicos.

Máis tarde cúbrela coa mesma masa que fixeches a base da empanada.

Por último ponse no forno quince minutos a douscentos cincuenta graos.

Xa verás que rico!

Preme no seguinte reprodutor para escoitar esta delicatesen.

Quedaches con fame? Pois escoita outra receita baixa en calorías.

E agora a durmir unha boa sesta.

Advertisements

One comment

  1. Eu recomendo moito as Receitas de Cociña de PALABRAS NO AR porque son ricas en vitaminas, proteínas e minerais para a imaxinación. Así que, bon proveito!



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: