h1

MENSAXE ULTRAMAR DA AUTORA DE ‘CERCA’

Xullo 3, 2009

Natalia Colombo, autora e ilustradora de "Cerca"

Sorpresa! Hoxe asómase ao blog de PALABRAS NO AR unha invitada moi especial que nos visita dende moi lonxe, da outra beira do Atlántico, en Bos Aires. Ata aló chega o eco das PALABRAS NO AR coas que nos agasallan os nenos e nenas de Santiago, Monforte e Fene. Estes últimos, pertencentes ao CEIP As Centieiras, de Perlío, elaboraron unha historieta cos protagonistas de “Cerca”, o álbum de Natalia Colombo. Un “paxariño” pioulle a existencia deste traballo á autora e ilustradora do libro gañador do I Premio Compostela, que lles envía unha agarimosa mensaxe…

Que sorpresa tan grande recibín ao ver que os meus amigos Pato e Coello finalmente poidan xogar xuntos. E que lea armou este Coello! Rompeu todos os vidros cun pelotazo… Non sabía que tivera tan mala puntería! Grazas, amigos, por esta fermosa historia de amizade, que agardo que siga chea de aventuras e debuxos.

Saúdos!

            Natalia

O blog de Natalia Colombo recollerá tamén nestes días esta interesante experiencia creativa dos escolares das Centieiras. “Cerca” é un dos libros incluidos no repertorio de contacontos e música da campaña PALABRAS NO AR. Dende aquí, animamos a todos os nenos e nenas a seguir o exemplo dos cativos de Fene, animarse a recrear os personaxes dos contos de KALANDRAKA e de FAKTORÍA K, e compartir con nós os seus debuxos e textos.

Unha mostra do comic deseñado polos alumnos e alumnas de Infantil do CEIP As Centieiras (Fene) trala sesión de contos de PALABRAS NO AR A demostración de que a partir das actividades de PALABRAS NO AR poden xurdir novas propostas escolares

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: