h1

CONTOS E MÚSICA “NO AR” EN COMPOSTELA

Xullo 2, 2009

Tic-Tac en EIM Conxo

Os contos e a música de PALABRAS NO AR percorreron estes días Compostela tras o seu paso por Fene e por Monforte.  As Escolas Infantís Municipais de Conxo, Fontiñas e San Roque, xunto cos colexios López Ferreiro, Fontiñas e Pio XII, foron os lugares onde Pablo e Patricia debullaron as melodías e historias  coas que cativan a atención dos máis pequenos. Velaquí unha mostra desta viaxe polo mundo da fantasía.

Paco: lavamos ben os dentes...

Primeiro apareceu Paco, un ratiño que marchou á Lúa porque lle tiñan dito que era de queixo fresco. Lavou ben os dentes, abriu moito a boca e…

Así de atentos estaban cando a mamá galiña corría e corría para buscar á nube, para que lle dera auga ao prado, para que lle dera herba á cabra, para que lle dera coiro ao zapateiro, para que lle fixera uns zapatos á ama, para que puidera salvar O poliño da abeleira

Atentísimos

Despois, souberon como esmorecía A banda de Vilacendoi, cando marcharon os habitantes desta singular aldea con palco de música . Pero… chegou xente nova e a banda renaceu. Porque todo canto pasa no mundo, pasou tamén en Vilacendoi.

 Contando A banda de Vilacendoi

E para rematar co son do clarinete, Patricia e Pablo cantaron Un, dous tres, que ves?  a ritmo de swing. Queredes escoitalos? Pois premede aquí.

Remata a nosa viaxe. Seguide no blog a andaina de PALABRAS NO AR en Compostela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: