h1

ESCOLA DE FUTUROS ESCRITORES E ESCRITORAS

Xullo 1, 2009

Taller de escrita creativa cos nenos que asistiron á Escola de Verán no CEIP López Ferreiro

O verán é un bo momento para exercitar a imaxinación mediante a escritura. Non todo vai ser xogar e brincar… Os obradoiros de escrita creativa de PALABRAS NO AR invitan os nenos e nenas a descubrir esa faceta de escritor ou escritora que levan dentro.

O blog de PALABRAS NO AR, na pantalla do ordenador da aula

A Escola Municipal de Verán celebrada no CEIP López Ferreiro foi o tubo de ensaio das propostas literarias artelladas arredor do libro “Batalla de naipes”. As cartas da baralla convértense en protagonistas de románticas historias de amor entre cabaleiros e princesas, de duras loitas entre reinos rivais, de intrincadas estratexias por acadar o poder…

Elaborando súas propias creacións a partir de libros como "Batalla de naipes"

Así xorden curiosos personaxes, como os reis Pórrez e Pinchofero, o cabalo das Copas, ou cabaleiro Guerreiro Punteiro, ocupados con leas, herdanzas e conflictos. Menos mal que nosos pequenos autores soen rematar as historias con finais xustos e felices.

A historias dos rapaces grávanse para emitir no espazo radiofónico PALABRAS NO AR

A xornada completouse cunha visita polo blog de PALABRAS NO AR, visible a través dos ordenadores da propia aula. Deste xeito, os participantes puideron “navegar” por este espazo que irá reflectindo as súas creacións, tanto en formato escrito como sonoro, a través dos programas de radio que se poderán escoitar na Cadena Ser de Santiago, dende o luns 13 ao venres 17, a partir das 13:15 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: