h1

OS ESCOLARES DE CENTIEIRAS FAN O CÓMIC DE ‘CERCA’

Xuño 24, 2009

Unha mostra do comic deseñado polos alumnos e alumnas de Infantil do CEIP As Centieiras (Fene) trala sesión de contos de PALABRAS NO AR

«O conto “Cerca” deixou a súa pegada nos nenos de Centieiras, así que decidiron facer unha banda deseñada coas aventuras destes novos amigos. “Pato e Coello amigos” quedoulles moi ben e presentárono na campaña de banda deseñada do equipo da nosa biblioteca. Gracias por contar e cantar e facernos desfrutar a todos».

Esta foi a entrañable mensaxe que os escolares deste colexio de Fene deixaron no blog de PALABRAS NO AR. E velaquí unha mostra dese marabilloso comic…

A demostración de que a partir das actividades de PALABRAS NO AR poden xurdir novas propostas escolares

Queremos compartir con todos vós -alumnado, docentes, bibliotecarios dos centros polos que pasou ou vai pasar PALABRAS NO AR, e usuarios en xeral deste recuncho reservado á oralidade e á escrita en galego- este traballo escolar que nos emociona. Porque é a demostración de que a partir dos contos e dos obradoiros nos que participan os escolares, é posible seguir desenvolvendo propostas educativas proveitosas.

Porque a partir do repertorio de historias musicadas, das actividades arredor das cantigas, dos refráns, dos poemas, dos exercicios de creación literaria… xorden -coa implicación dos mestres e mestras- novas estratexias para seguir aprendendo e implicándose coa lingua. Parabéns aos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP As Centieiras, de Perlío, por ese esforzo colectivo. E animamos dende PALABRAS NO AR a que outros centros escolares nos acheguen tamén os seus traballos a partir das actividades nas que participaran. Este blog será o escaparate de toda esa creatividade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: