h1

VIAXE AO MEDIEVO CO COLEXIO FERROVIARIOS DE MONFORTE

Xuño 22, 2009

Castelo Monforte

PALABRAS NO AR trasládase nesta ocasión á Idade Media cos nenos e nenas do CPR Ferroviarios de Monforte. Queredes vir? Acompañadenos nesta viaxe no tempo e disfrutade das máis imaxinativas historias de reis e raiñas e dos máis fermosos poemas recitados polos nosos protagonistas.

Creando cos naipesPensando, pensando…. Partindo dos personaxes da baralla, saíron historias como a que vos transcribimos a continuación e que ben podería ter acontecido no castelo de Monforte:

O Rei de Bastos e o Rei de Espadas

 O Rei de Bastos e o Rei de Espadas foron de festa e cada un comprou unha cachiporra. Encontraron unha moza moi bela, o Rei de Espadas namorouse e oRei de Bastos tamén. Os dous a desexaban, e estaban dispostos a pelexar por ela ata a morte. O Rei de Bastos proclamou a guerra contra o Rei de Espadas. Tras moitos días de guerra a moza, chamada Pipirela, puxo fin á guerra e dixo:

– Xa basta. Non sei por que vos pelexades se ningún de vós me gusta.

Quizais tivese axudado a calquera destes reis coñecer o poema que a continuación recitan os nosos trovadores do Ferroviarios:

trovadores

 Escoitanos

Velaquí algunhas mostras máis das historias creadas polos rapaces e rapazas do Colexio Ferroviarios partindo da proposta de Batalla de naipes:

Creando contosO amor verdadeiro.

O Rei de Ouros xa levaba moitos anos coitando contra o Rei de Copas pola Raíña de Bastos.

Un día cansáronse de pelexar día e noite e decidiron facer a derradeira batalla, coa condición de que o que gañara se quedaría coa Raíña de Bastos. O problema é que ela non sabía que estaban loitando por ela, e un día saíu no xornal que ía haber unha loita para saber quen era o que se quedaba coa raíña.

Xa pasado un tempo e pasada a batalla a raíña tivo a sorte de que o Rei de Copas, do que estaba namorada, gañara a batalla.

Ao día seguinte a Raíña foi espertada polo Rei de Copas. Á hora do xantar, o Rei de Copas díxolle á Raíña se quería casar con el porque ela era o seu amor verdadeiro, e a Raíña dixo que si.

Pasados uns meses casaron e foron de lúa de mel a París. Tiveron moitos fillos, foron felices e comeron perdices.

  

Creando contos 2O encantamento da bruxa cara tartaruxa.

Había unha vez un tal Manolo que traballaba de cabaleiro para o rei. O rei mandou a Manolo de caza. Cazando encontrou unha carta da baralla, a Sota de espadas. Manolo doulle un bico á carta, e a carta converteuse en realidade. A Sota de espadas e Manolo namoráronse nada máis verse. Desde aquela ían todos os fins de semana de copas. Casaron e tiñeron tres fillos. Pasados uns anos a bruxa Cara Tartaruxa convertiu á Sota outra vez en carta e levouna. Pasou dous anos buscando a sota, e encontrouna; estaba na cova da bruxa. Manolo rescatouna e matou a bruxa co cheiro da súa pócima. Volveron casar e ter outros tres fillos.

E aquí os tedes, despedindose de PALABRAS NO AR ata unha nova ocasión. Moitas grazas pola vosa visita, polo voso entusiasmo e creatividade.

Colexio Ferroviarios

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: