h1

ULTIMAMOS OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN RADIOFUSIÓN

Xuño 18, 2009

O equipo informativo e técnico de RADIOFUSIÓN na sala do control de son

PALABRAS NO AR volve ás ondas. A vindeira semana, dende o luns 22 ao venres 26 de xuño, na sintonía de Radiofusión Monforte (107.4 FM), os escolares do Val do Lemos serán os protagonistas dos espazos radiofónicos que recollen un resume das actividades de animación lingüística nas que participaron. O equipo de Radiofusión, con Lucía no control técnico, colabora nas emisións. PALABRAS NO AR agradécelle a esta emisora a súa implicación.

Henrique Sanfiz, director de RADIOFUSIÓN

A páxina web de Radiofusión está encabezada cun banner que enlaza a este mesmo blog e en próximas datas poderanse escoitar a través de “podcast” os programas emitidos en Ferrolterra e Monforte. O director de Radiofusión, Henrique Sanfiz, apoiou dende o principio a iniciativa de PALABRAS NO AR e abriu as portas ao equipo de KALANDRAKA para traballar nesta iniciativa novidosa, que aúna literatura, oralidade, ensino, práctica activa e difusión do galego entre a xente nova.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: