h1

ASÍ COCIÑAN COAS PALABRAS OS ESCOLARES DE FENE

Xuño 16, 2009

Empanada de bicos elaborada por Uxía Castro, do CEIP da Xunqueira

Os obradoiros de escrita creativa que se realizan no marco das actividades de PALABRAS NO AR deparan interesantes propostas literarias dos escolares, nas que tampouco falta a nota de cor ou o toque artístico dos seus autores. Un exemplo desta motivación creadora é a “empanada de bicos” que nos receitou Uxía Castro, do CEIP A Xunqueira, de Fene. Mais non é a única…

O “sorbete de bolboretas” de Iris López, alumna da Xunqueira, de Fene, é outra mostra da inspiración que obtiveron os alumnos a partir da lectura do libro “Sopa de soño”, de José Antonio Ramírez Lozano. A mestura de imaxinación e surrealismo deu como resultado outras deliciosas propostas literario-gastronómicas nos CEIP da Xunqueira, do Ramo e das Centieiras.

Sorbete de bolboretas que nos propón Iris López, do CEIP da Xunqueira

Como entrantes, podemos ofrecer sopa de teclas de ordenador ou ensalada de lápices e canicas.

Os comensais poden escoller logo entre follas de revista ao forno ou figuras de xadrez ao vapor, filete de coxín de sofá ou cd’s de música guisados.

E finalmente, de postre suxerimos balón recheo de aceitunas ou vagalumes con tinta de polvo.

Agardamos que o menú sexa do gusto dos lectores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: