h1

BATALLA DE NAIPES NO RÍO CABE

Xuño 13, 2009

Exteriores do multiusos de Monforte.

 Á beira do río Cabe, no concello de Monforte tivo lugar unha espectacular batalla. Máis esta batalla non se librou con armas de última xeneración, foi unha batalla entre os alumnos do CEIP Monforte, Colexio Novo e os personaxes da baralla. A imaxinación e non a estratexia foi o que nos guiou a través da proposta de Batalla de naipes, de Kalandraka Editora.

Despois dunha hora de traballo conseguimos unha serie de historia de cabaleiros, reis, sotas… e que vos mostramos con estes ejemplos. A primeira das historias, preséntanos a historia de amor entre o cabaleiro Douro Branco e Lúa, unha rapaza que coñece nunha pousada despois dun día de caza:

 

Alumnos do colexio novo no obradoiro de escrita.Unha pelexa diferente.

Un día, o cabaleiro Douro Branco marchou de caza.

Xa ven entrada a noite e por ter cazado unhas lebres, pediu resgardo por esa noite nunha pousada.

Cando petou á porta, apareceu diante unha rapaza de ollos azuis como o mar e sorriso doce como o mel. El, cunha pouca vergoña, entrou e foi a unha das habitacións.

Á mañá seguinte, pagou o prezo da pousada e marchou de todo namorado. O que Douro Branco non sabía é que tamén había outro cabaleiro chamado Copiñas V, que tamén estaba namorado de Lúa, a rapaza.

Cando se enterou, foi xunto a Copiñas V e díxolle que quen gañara a seguinte pelexa casaba con Lúa, e Copiñas preguntou que pelexa era, ao que Douro contestou: Unha pelexa de cartas.

E como Douro era o mellor coas cartas, gañou nun abrir e pechar de ollos. A partir de aí todas as guerras son así no país de Douro Branco, o país chamado Naipes.

 Batalla de naipes

Despois desta batalla de naipes, literalmente, pasamos a unha historia de reis que desexan o que os outros teñen. Os fillos destes reis convértense nos protagonistas da historia:

 

Obradoiro de escrita no multiusos de Monforte.Alumnos do Colexio Novo.O intercambio.

 O rei de ouros tiña moito ouro, e o rei de bastos tiña moitos bastos. Pero o rei de ouros precisaba bastos, entón os conselleiros reais dixéronlle que intercambiaran o ouro polos bastos, así os dous terían ouro e bastos. O rei de ouros tiña un príncipe como fillo, e o rei de bastos unha filla que traballaba de incógnito de campesiña. Cando chegou o día do intercambio o príncipe e a campesiña acudiron ao acto e nese momento namoráronse. Despois casaron e foron vivir ao campo. Así, o príncipe aprendeu a traballar, os reis tiñeron o que querían e os príncipes casaron. Todos estaban contentos.

Seguide atentos ás novedades de Palabras no ar, a imaxinación seguirá fluíndo e poderedes encontrar novos mundos e aventuras.

 

 

Advertisements

One comment

  1. Parabéns a todo o equipo de Palabras no ar!
    Os programas de radio son sinxelamente marabillosos: que fermosa é a nosa fala e que ben soa das bocas dos nosos pequenos. Grazas.



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: