h1

PAULA CARBALLEIRA EN PALABRAS NO AR

Xuño 12, 2009

Paula Carballeira, entrevistada polos escolares de Fene, a súa vila natal

A autora, narradora e actriz Paula Carballeira (Fene, 1972) é a protagonista do derradeiro programa radiofónico de PALABRAS NO AR na sintonía de Radiofusión Ferrolterra. Os escolares do Ceip da Xunqueira e do Ramo fixéronlle unha interesante entrevista sobre os seus comezos na escrita, os seus contos preferidos e as distintas facetas do seu traballo. Hoxe ás 14:15 e ás 15:15 horas no 107.7 da FM.

Paz Castro e Alberto Barreiro conducen este espazo radiofónico que viaxa a través das ondas. Os estudos de Radiofusión, con Lucía no control técnico, acollen a elaboración dos programas que resumen a participación dos escolares nas sesións de contacontos e nos obradoiros. Todas as emisións recolleranse nun CD que se vai distribuir entre os centros educativos para que cada alumno reciba unha copia.

Os estudos de Radiofusión Ferrolterra acollen a emisión de PALABRAS NO AR

E ademais, na frecuencia de Radiofusión Monforte (107.4 FM) poderanse escoitar, na semana do 22 ao 26 de xuño, os programas pertencentes á segunda etapa desta campaña de animación lingüística, que comenzou nos centros educativos desta vila lucense o pasado día 2 deste mes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: