h1

Os alumnos do CEIP Monforte “Colexio Novo” asisten ao obradoiro de escrita creativa.

Xuño 11, 2009

Os alumnos do CEIP Monforte “Colexio Novo”, que asistiron ao obradoiro de escrita no edificio de usos múltiples, arroupados polo río e o verde das árbores que se deixaban ver a través da enorme galería, propóñennos unha serie de pratos especialmente recomendados para o verán que está entrando con forza.

monforte 377

Esta proposta de Kalandraka Editora “palabrasnoar” dentro da campaña “Bocaberta” xira en torno ao libro de receitas Sopa de soño.

De todo o traballo feito recomendamos estas tres receitas que sen dúbida han de encher de cor e alegría a nosa mesa. Non perdades detalle e botádelle un ollo a este rico recetario.

 

monforte 370Revolto de mapa de Galicia.

 

Ingredientes:

– 1 quilo de terra fértil da Terra Chá.

– Medio quilo da costa de A Coruña.

– Un chisco de granizo de Monte Furado.

– 2 dl. de auga do Miño.

 

Preparación:

Primeiro reméxese o quilo de terra da Terra Chá ata que quede ben aplastada. Despois mistúrase co quilo da costa de A Coruña e logo espolvoréxase cun chisco de granizo de Monte Furado.

Cando esta preparado bótanse os dous decilitros de auga do Miño para darlle sabor.

 

Para acompañar este revolto que nos leva polos distintos sabores da nosa terra nunha marabillosa amalgama xeográfica, podemos botarlle man a unha gorentosa ensalada de letras e imaxes que permitirá que por unha vez poidamos comer pola boca e polos ollos ao mesmo tempo.

 

monforte 375Ensalada de follas de revista.

Ingredientes:

Follas de revista.

Un envase prano.

Babas de caracol optativo.

Espetos de Madeira.

 

Preparación:

1º Hai xente que as compra no Kiosco, hai outra que as cría, é mellor que non se compren de política porque queda un sabor agrio e asqueroso.

2º A noite anterior lávalas e déixalas en remollo ata o día seguinte.

3º Poñela nun recipiente prano e aliñalo con babas de caracol e espetos de Madeira, optativo poñerlle unhas bolas.

 

 

O perfecto segundo prato para este menu é algo lixeiro e sen moito prebe. É por iso que recomendamos un prato feito ao vapor que permitirá unha magnífica dixestión:

 

nebedamarzo 015Parrulos de goma ao vapor.

 

Ingredientes: parrulos de goma, bañeira e auga fervendo.

 

1º Enchemos a bañeira de auga fervendo.

2º Metemos os parrulos na bañeira.

3º Agardamos media hora.

4º Despois xa se pode servir.

 

A directora do centro, que estaba a ter conta do desenvolvemento correcto da actividade tamén quixo participar e elaborou esta gorentosa sopa que pensa incluír no menu do comedor do colexio e que sen dúbida ten uns efectos secundarios moi beneficiosos para a saúde:

 

 monforte1

Prato sorpresa.

 

Ingredientes: flores silvestres, escuma de nubes e raios de lúa.

 

– Colles unhas folliñas de flores silvestres e as mesturas coa escuma de flores e os raios de lúa.

– Botas todo xunto nunha pota con auga quente, que non ferva e déixalo toda a noite a remollo.

– Ao día seguinte, separas o caldo do resto dos ingredientes e preparas con el a sopa que se vai facer no comedor do cole.

– Esta é unha sopa máxica que consegue, oh, milagre! Que os alumnos e alumnas do cole baixen o seu ton de voz cando están no comedor e que o resto do persoal poidamos saír del sen dor de cabeza.

Non olvidedes continuar ollando o noso blog de “Palabras no ar” no que seguiredes a ter excelentes sorpresas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: