h1

Os alumnos do CEIP A GÁNDARA elaboran as máis suculentas receitas nos obradoiros de PALABRAS NO AR.

Xuño 10, 2009

monforte 320

Os alumnos do CEIP A GÁNDARA deixaron a súa pegada nesta campaña grazas á cociña; e como bos restauradores, propoñennos unha serie de receitas ideais para aumentar o noso recetario de cociña imaxinativa e sempre saudable.

 

A continuación poderemos ver os exemplos das receitas que os escolares deste centro monfortino elaboraron a partir da proposta que nos ofrece Sopa de soño, un libro de receitas de Kalandraka Editora, e que forneceu á nosa imaxinación para lograr unha carta nova chea de petiscos moi apetecibles. Unha tarefa difícil pero que chamará a berros polo noso apetito.

 

monforte 326RISOS AO VAPOR.

 Ingredientes: Chistes, diversión e sobre todo risos.

Preparación: Primeiro botas as túas gargalladas á pota. Despois polo a uns nove graos máis ou menos quince minutos.

Onde se poden encontrar: en calquera lugar onde conten chistes.

A mesa: hai que poñela con adornos de risos e con algunha bebida de risa. A mesa tamén se bendice con calquera cousa que dea risa.

Como se come: por último cómese con paus procedentes do país dos chinos.

 

monforte 331EMPANADA DE BICOS. 

½ kilo de barro.

450gr. de bicos

260 abrazos ben fortes

½ kilo de ananiños.

Preparación:

Primeiro amasamos o barro con moitos abrazos, despois facemos a forma. Cando esté feita metemos os ananiños na empanada e dámoslle un bico a cada un. Despois metémola no forno e ao cabo dun rato sacámola.

 

FIGURIÑAS DE XADREZ.

Ingredientes:

monforte 334-1 kilo de barro.

-Nata.

-Anacos pequenos de goma 0.500g.

-Dous anacos de Pau.

-1 kilo de pan.

 

Preparación:

Primeiro fanse con pan figuriñas de xadrez. Despois úntanse con barro para endurecelas. Métense hora e media no forno a uns 150 graos para despois, ao sacalas, botarlle anacos de goma para darlle sabor doce. Déixanse enfriar durante dúas horas. Por último bótaselle para adornar nata e pauciños.

QUE VOS PARECE? Seguide esta viaxe cinco estrelas polo mundo da cociña e xa veredes como sorprenderemos en vindeiras entregas a vosa esixente curiosidade culinaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: