h1

CONTOS COA BARALLA NO COLEXIO ESCOLAPIOS

Xuño 10, 2009

Obradoiro escrita Escolapios Monforte

Os nenos e nenas do CPR Escolapios divertíronse creando contos coas cartas da baralla a partir da proposta do libro Batalla de naipes. Conseguiron viaxar coa súa imaxinación á Idade Media, onde reis, princesas, príncipes e cabaleiros protagonizan as máis variopintas historias e singulares batallas.

Aquí tedes unha mostra deste traballo:

“A maldición da meiga.

Había unha vez un cabaleiro chamado Cogomelo; él estaba namorado dunha sota chamada Celitina.

Batalla de naipesCelitina era unha sota moi nova pero tiña unha maldición, non podía saír da casa ata que cumplira os 17 anos; o malo é que as sotas só poden ter fillos ata os 16 anos; isto é obra da meiga Cachabacha que era a meiga máis guapa do reino, ela sabía que a filla de Celitina ía ser meiga e máis guapa que ela.

O cabaleiro Cogomelo tiña que ir facer unha enquisa a todo o reino, e pensou que esa era a oportunidade para coñecer a Celitina. O príncipe Cogomelo a deixou para o final e cando chegou o momento, entro una casa, mirouna aos ollos e doulle un bico cheo de amor. A maldición desapareceu, e a meiga Cachabacha xa non foi a máis guapa do reino senón a filla de Celitina.”

Lede esta outra historia, onde o enredo amoroso é o principal ingrediente.

“O namoramento

Érase unha vez Pepe de Ouros que tiña unha árbore do amor e que quería a unha muller chamada Pepa de Sotas. Pero ela non estaba namorada del, senón de Pedro de Sotas.

Obradoiro escrita Escolapios Monforte 2Un día Pepe de Ouros fixo unha poción do amor para Pepa de Sotas. A receita era sangue, mazá e folla de árbore. Pepe de Ouros díxolle que bebera auga porque se non, ía desidratarse. Pepa de Sotas tomouna e namorouse del. Pero Pedro de Sotas a Pepa de Sotas non lle deixaba que casara con el. Pedro de Sotas encerrouna nunha gaiola. Pepe de Ouros buscaba, buscaba, pero non a encontraba. De súpeto un día encontrouna. Pepa de Sotas enterouse de que lle fixera un feitizo. Pero ela non se decepcionou e doulle un bico. Pepa de Sotas díxolle que o quería moito. Ao día seguinte Pedro de Sotas morreu e Pepe de Ouros díxolle a Pepa de Sotas que si quería casar con el. E ela contestoulle que si.

Ao final Pepe de Sotas e Pepe de Ouros tiveron catro fillos. Chamábanse: María, Pedro, Xan e Helena.”

A que foi divertida?, pois seguide con nós e atoparedes máis PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: