h1

PRESENTACIÓN OFICIAL DE “PALABRAS NO AR”

Xuño 9, 2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na presentación de "Bocaberta" 

KALANDRAKA participa na campaña de Dinamización Lingüística “Bocaberta”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, cun programa renovado de actividades co lema PALABRAS NO AR, dirixido a uns 7.000 escolares de Educación Infantil e Primaria de nove concellos galegos: Fene, Monforte, Santiago, Ames, Allariz, A Estrada, Redondela, Culleredo e Cambados. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou hoxe en Compostela a campaña “Bocaberta”.

As sesións de contos e música de PALABRAS NO AR compleméntanse con obradoiros de oralidade e de escrita creativa. A evolución da programación pódese seguir diariamente a través da web http://www.palabrasnoar.org e, como principal novidade, destacan os programas radiofónicos que se emiten a través da rede de Emisoras Municipais de Galicia, nos que os protagonistas son os propios alumnos e alumnas participando activamente no uso da lingua galega.

 Sesión de contos e música no Ceip Centieiras de Fene e no colexio Divina Pastora de Monforte

PALABRAS NO AR é a continuación de “Cantar e contar: ler na nosa lingua”, a campaña coa que en 2008 se apostou pola recuperación do folclore infantil galego. Esta segunda parte segue redundando na riqueza da nosa tradición oral, mais representa un avance ao provocar que os nenos e as nenas se expresen en galego, tanto de xeito oral como por escrito, á vez que se asocia o idioma coas novas tecnoloxías da información e da comunicación.

As sesións de contacontos -que se acompañan coa interpretación de música tradicional a base de instrumentos como a frauta, a pandeireta ou o clarinete- están dirixidas a escolares de cero a tres anos, das escolas de Educación Infantil, e de tres a sete anos, pertencentes a 1º ciclo de Primaria. Para os nenos e nenas de oito e nove anos das aulas de 2º ciclo de Primaria, deseñáronse obradoiros de oralidade, nos que se practican estratexias lúdicas a partir da lectura e da literatura, para fomentar o uso do galego como medio de expresión. Os rapaces e rapazas de dez e once anos que estudan 3º ciclo de Primaria participan en talleres de escrita creativa nos que, tamén a partir dos contos, se lles fan propostas de redacción en galego que, ademais, favorecen o desenvolvemento da súa imaxinación.

Obradoiros de oralidade e de escrita nas escolas de Fene e Monforte

Os centros que participan na campaña PALABRAS NO AR reciben un lote de libros do catálogo de KALANDRAKA e FAKTORÍA K composto polos seguintes títulos: Paco, Orellas de bolboreta, Pequechos das montañas, Un dous tres que ves?, O poliño da abeleira, Avós, A banda de Vilacendoi, Sopa de soño, Batalla de naipes e Galego á beira do mar.

Ademais, os escolares son agasallados cun CD que contén os programas de radio emitidos na emisora municipal correspondente, nos que se resumen as sesións de contacontos e as actividades de escrita e oralidade realizadas. Esta semana, precisamente, estase emitindo en Radiofusión Ferrolterra o espazo diario PALABRAS NO AR vencellado á primeira campaña de animación lingüística, celebrada nos centros educativos de Fene dende o pasado 25 de maio.

Programa radiofónico en Radiofusión Ferrolterra, coa participación de Paula Carballeira na emisión

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: