h1

OBRADOIRO DE ORALIDADE NO COLEXIO DIVINA PASTORA

Xuño 8, 2009

 

Obradoiro oralidade Divina Pastora

PALABRAS NO AR chegou nesta ocasión ao CPR Divina Pastora  cun obxectivo claro: facer que os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación Primaria pasasen unha mañá divertida e diferente expresándose na nosa língua, en galego. E para este fin Alberto Barreiro, responsable dos obradoiros de KALANDRAKA contaba con dúas ferramentas: un feixe de libros e o seu coñecemento da tradición.

 

Lote libros Palabras no ar

Así pois, A banda de Vilacendoi serviu como punto de arranque para reflexionar con eles sobre o pasado e sobre as cousas que o progreso trouxo…pero tamén sobre aquelas que enterrou.

 E de entre elas, centrámonos nun aspecto ligado á música e a forma de divertirse dos nosos avós e bisavós. Trasladamos aos nenos e nenas de 8 e 9 anos a un pasado non moi lonxano  para xogar coa tradición, máis concretamente coas coplas tradicionais, desafiándoos a rematar de xeito persoal e creativo algunhas das máis coñecidas para máis tarde ler a súa proposta aos compañeiros. O resultado foi ben divertido, como se pode comprobar nalgúns exemplos que transcribimos a continuación:

 

Teño un amor na montaña

teño un amor montañés

teño un amor na montaña

teño un amor ao revés.

 

Non te cases co ferreiro

que é moi malo de lavar

casate cun mariñeiro

e así vaiche el ao mar.

 

Os suspiros dunha mincha

as bágoas dun mexilón

os cantares dun percebe

lévaos un camión.

 

Para peixe fresco Vigo

para choco Redondela

para camarón Moaña

para rincha Miñadela.

 

Lévame no carro leva

carreteiriño das uvas

lévame no carro leva

as miñas tartarugas.

 

As rapazas de Coruña

non é unha que son todas

poñen dous pares de medias

en cores que desentonan.

 

O río cando vai cheo

leva carballos e follas

tamén podía levar

unhas cantas polas.

 

Mozos cantade e bailade

divertidevos coa xente

que-o tempo da mocedade

pasa moi rapidamente.

 

Unha boa compañeira

téñoa de par de min

se me preguntan por ela

dígolle que está con Fermín.

 

Alá arriba non sei onde

topeime non sei con quen

non sei que cousa me dixo

porque estaba tras de alguén.

 

Os suspiros dunha mincha

as bágoas dun mexilón

os cantares dun percebe

as barbas dun camarón.

 

 

 

Obxectivo cumprido; continuamos en Monforte a ceibar PALABRAS NO AR.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: