h1

COCIÑA IMAXINATIVA NO CPR DIVINA PASTORA

Xuño 8, 2009

Obradoiro escrita Divina Pastora

A presenza de PALABRAS NO AR no CPR Divina Pastora deparounos algunha sorpresa máis. Tedes fame? Pois preparádevos para saborear os máis exquisitos manxares porque  “aquí está o mellor fogón, ese que os cociñeiros chaman imaxinación. Cociña das palabras que se come polos ollos sen garfo nen culler….”.

Aquí tedes o menú preparado polos nenos e nenas de 5º e 6º a partir da proposta do libro Sopa de soño e outras receitas de cocociña.

ENTRANTES

Sopa de soño...Espirros ao vapor.

Ingredientes:

– Unha ducia de espirros.

– Dous gramos de arroz.

– Sal para espirrar.

– Pimentón picante.

– Allo (seis dentes)

– Cebola espirradora.

Preparación:

Vértese arroz nunha pota coa auga, sal para espirrar e pimentón picante. Despois prepárase o aliño de espirros, allo e cebola espirradora. Bótaselle […] dez minutos fóra e bótaselle o aliño de espirros cebola espirradora e allo e despois salsa de tomate.

Pódese acompañar con viño branco ou tinto e para comer necesítase espirrar e o camareiro do bar traeracho.

Presentación:

Preséntase nunha cuncha mariña adornada con piñas, espirros e fresa caramelizada.

PRIMEIRO PRATO

Guiso de botóns.

Ingredientes:

14 botóns de chaquetas vellas de calquera cor, 30 cordóns de zapatos e un zapato con olor a queixo para a salsa, tamén Necesitades un libro de medo e tres pelotas e cinco pulseiras.

Preparación:

Primeiro pos nunha pota auga e introduces os 14 botóns e o libro de medo e deixas que ferva cinco minutos moi lentamente. Despois engades os trinta cordóns que farán de tallaríns. Despois, para a salsa pasade pola tixola as pelotas e as pos nun prato co zapato e ao final o xuntas todo. Podes acompañalo con pulseiras Estará de rechupete!

SEGUNDO PRATO

Cocido de ceros.

Ingredientes:

– Unha folla de papel.

– Un bolígrafo.

– E uns cantos ceros dos exames.

Elaboración:

Colles a folla e énchela con ceros (pólos a fritir nunha tixola) e os recortas. Despois pólos nunha pota e os deixas a cocer uns vinte minutos. Se tes algúns ceros dun exame mellor, se non, pídellos á túa titora, os exames, e os pos cos ceros cocidos. Despois pos a tinta de bolígrafos e o deixas a cocer outros 30 minutos.

Presentación:

Polos nun prato e os decoras cos restos do bolígrafo. Se queres podes fundir o plástico do Boli e poñelos como salsa. Podes acompañalo con viño tinto ou zume de laranxa.

Agora, tócache a ti facer o postre. Atréveste a mandárnolo?

Bo proveito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: