h1

CANTANDO E CONTANDO EN CEIP A GÁNDARA

Xuño 5, 2009

 ceipagandara[1]

PALABRAS NO AR  chegou  ao Ceip A Gándara de Monforte para pasar unha mañá divertida cos nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria contando e cantando contos en galego.

 Cartel correlingua 2

 Cartel correlingua 1

   falemos galego

 

 

 

 

 Á nosa entrada ao colexio, e antes de entrar na biblioteca, puidemos ver as pancartas que os rapaces e rapazas de A Gándara fixeron para levar este ano á festa do Correlíngua. A que son ben bonitas?

 Primeiro Ciclo A Gándara

 Os primeiros en chegar á biblioteca do cole para participar na sesión de contacontos foron os nenos e nenas de 1º e 2º. Mirade como se lavan os dentes con Paco. E que branquiños lles quedaron !.

 primeiro ciclo A Gándara 2

Máis tarde, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron oportunidade de escoitar a Pablo e Patricia e de compartir con eles novas historias que agardamos reforcen o seu vínculo coa nosa língua.

 Ata pronto A Gándara. Voltamos nuns días para seguir escribindo PALABRAS NO AR.

Advertisements

3 comentarios

  1. Que bonito o conto de Paco!
    Seguro que ademáis de aprender a lavar ben os dentes, coma o rato Paco, descubren moitas palabras ben fermosas: coma berce, lúa, bambear…
    Grazas kalandraka!


  2. Escoitamos o programa e parécenos un gran traballo.
    Grazas por animar a falar aos nenos na nosa lingua dun xeito tan fermoso.
    Grazas polo pracer de disfrutar da radio cos máis pequenos.
    Grazas por ese traballo colectivo tan ben feito.

    Esperamos o seguinte.

    Manu, 9 de xuño de 2009


  3. Estou desexando escoitar os programas de radio porque de seguro que serán fantásticos!
    Que doado parece todo na posta en práctica pero canto traballo debe haber detrás…
    Moitas grazas por tanto esforzo nun momento tan difícil para a nosa lingua.



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: