h1

CEIP DE MONFORTE E CPR FERROVIARIOS NAS SESIÓNS DE CONTOS CON MÚSICA

Xuño 4, 2009

2º primaria Ceip Monforte/Ferroviarios

Hoxe foi un día diferente para os 151 nenos e nenas de Educación Infantil (5 anos), 1º e 2º do CEIP de Monforte (Colexio Novo) e  do CPR Ferroviarios. Tiveron a oportunidade de acudir á actividade de contos con música que KALANDRAKA  programa dentro da campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR e que estes días ten lugar en Monforte.

edificio_multiusos Parque Río Cabe

 

 As sesións desenvolvéronse nun dos espazos do Edificio de Usos Múltiples do Concello de Monforte, nunha sala luminosa con vistas ao río Cabe onde os nenos e nenas ademáis de escoitar tamén puideron cantar guiados en todo momento por Pablo e Patricia.

 5 anos Ceip Monforte e Ferroviarios

Os primeiros en chegar foron os de 5 anos, que seguiron con atención os contos: “Paco” ,  “O poliño da aveleira” , “Lúa” , “Un, dous, tres, que ves?” . Tamén as explicacións que Pablo vai facendo sobre os instrumentos musicais que utiliza durante a sesión: pandeiretas, frauta, clarinete,…

Pablo e Patricia 

Despois, os de 1º  e 2º de primaria, que como todos os participantes nas actividades de PALABRAS NO AR, reciben tras a súa visita un cartel da campaña, un marcapaxinas e un lote de libros para a biblioteca.

 1º Ceip monforte e Ferroviarios

 E agora…..a escoitar a radio agadando a emisión do programa PALABRAS NO AR cos nenos e nenas de Monforte.

Advertisements

One comment

  1. Noraboa por esa perfecta combinación de contos coa nosa música tradicional!



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: