h1

“PALABRAS NO AR” CHEGA A MONFORTE

Xuño 2, 2009

Monforte

A campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR desenvolvida por KALANDRAKA para a Secretaría Xeral de Política Lígüística no seu programa BOCABERTA chega a Monforte entre os días 2 e 12 do presente mes de xuño. Nesta actividade participarán uns 700 escolares de educación infantil e primaria de tódolos centros de ensino do concello en diferentes obradoiros de creación oral, escrita e talleres de contos con música nos que se potenciará o uso da língua galega como vehículo de expresión. 

 

CPR Escolapios

No primeiro día de actividades en Monforte, Pablo Díaz e Patricia Pérez levaron contos e música ao CPR Escolapios, onde os nenos de 5 anos de eduacción infantil e os de 1º de primaria tiveron a oportunidade de viaxar “Paco” na súa nave espacial para cantarlle á “Lúa” ou de axudar a mamá galina a salvar ao seu pitiño en “O poliño da aveleira”.

Cpr Divina Pastora

Tamén no CPR Divina Pastora, os pequenos de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria puideron divertirse escoitando e cantando cos nosos compañeiros, que ademáis de suxerintes historias, introducen aos nenos na música apoiandose en repertorio e instrumentos propios da tradición galega.

 Pablo Díaz

Nos días seguintes, participarán en Palabras no ar:

  •  Día 3 de xuño: Contos con música con CEIP de Monforte e CPR  Ferroviarios
  •  Día 4 de xuño: Contos con música con CEIP A Gándara
  •  Día 5 de xuño: Contos con música con Centro Público Caixa Galicia e Obradoiros de escrita e oralidade con CPR Divina Pastora.
  •  Día 8 de xuño: Obradoiros de escrita e oralidade con CPR Escolapios.
  •  Día 9 de xuño: Obradoiros de escrita e oralidade con CPR Ferroviarios.
  •  Día 10 de xuño: Obradoiros de escrita e oralidade con CEIP A Gándara.
  •  Día 11 de xuño: Obradoiros de escrita e oralidade con CEIP de Monforte.

 Unha vez rematados os obradoiros, emitirase a través de Radio Monforte, emisora municipal adscrita a Radiofusión, un programa diario entre o día 22 e o 26 de xuño ás 14:15 e ás 15:15 (redifusión) onde os nenos e nenas de Monforte serán os protagonistas. As súas opinións, creacións escritas e orais, a música, a poesía e a tradición serán os ingredientes desta radiofórmula que pretende motivalos a participar nestas actividades fomentando deste xeito o uso da língua galega.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: