h1

ORALIDADE NO CEIP A XUNQUEIRA: Pérez Parallé e Paula Carballeira

Maio 31, 2009

Obradoiro de oralidade en torno á obra de Pérez Parallé

O concello de Fene ten a honra de contar con persoeiros importantes na súa cidadanía ao longo dos anos. O poeta Xosé María Pérez Parallé, do que se cumpre este ano o centenario do seu nacemento, é un dos máis sobranceiros. Entre os actuais, destaca a actriz e autora Paula Carballeira. O obradoiro de oralidade celebrado no CEIP A Xunqueira, en San Valentín, estivo adicado a eles.

 

Xosé María Pérez Parallé e Paula Carballeira

Os escolares traballaron arredor da obra destas dúas figuras que engalanan o pasado e o presente de Fene. Pérez Parallé é motivo dun Congreso que se lle adica estes días na vila. Ata o 1 de xuño pódese ver na sala de exposicións da Casa da Cultura unha mostra fotobiográfica sobre este poeta, creador do famoso esconxuro da queimada. O xoves 4 de xuño realizarase unha ofrenda floral na súa honra e descubrirase unha placa conmemorativa do centenario do seu nacemento no parque que leva o seu nome. Ao día seguinte escenificaranse varias pezas da súa obra e o humorista gráfico Siro López dará unha conferencia.

KALANDRAKA ten editado un libro-disco titulado “Solaina“, con ilustracións realizadas polo fillo de Pérez Parallé, Francisco Pérez Porto, moi vencellado tamén á bisbarra de Ferrolterra.

No obradoiro tamén se elaboraron preguntas para unha entrevista a Paula Carballeira

Os alumnos e alumnas deste obradoiro de PALABRAS NO AR tamén se achegaron á produción literaria de Paula Carballeira, autora de obras como “Paco”, “Mateo” e “Smara”, editadas por KALANDRAKA. Durante a sesión elaboraron varias preguntas, a modo de entrevista, para ela. As respostas a algunhas desas cuestións poderanse escoitas no programa de radio que se emitirá do 8 ao 12 de xuño a través da frecuencia de Radio Fene.

Advertisements

One comment

  1. É un honor contar cunha narradora da categoría de Paula Carballeira. Seguro que foi unha sesión marabillosa.



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: