h1

ESCRITA CREATIVA NO CEIP A XUNQUEIRA

Maio 28, 2009

Alberto barallou e repartiu naipes entre os participantes no obradoiro de escrita

Os naipes dunha baralla poden abrir a porta da imaxinación a historias fantásticas, con personaxes marabillosos, en lugares recónditos. Que llo digan aos rapaces e rapazas do CEIP A Xunqueira, en San Valentín, que participaron no obradoiro de escrita de PALABRAS NO AR.

 

Escoitando uns consellos previos, antes de lanzárense a escribir...

Un libro como “Batalla de naipes”, editado por KALANDRAKA, pode espertar a creatividade e serve para compartir momentos de emoción arredor da historia que teceu Juan Ignacio Pérez e que Josep Rodés enriqueceu coas súas ilustracións.

Obradoiro de escrita impartido no CEIP A Xunqueira, en San Valentín

Así, barallando, partindo e repartindo cartas, o obradoiro de escrita que impartiu Alberto resultou ser un descubrimento para os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º. A sota de espadas, o as de ouros, o cabalo de copas, o rei de bastos… todos poden formar parte dun relato que, individual ou colectivamente, enriquece a súa capacidade para contar e plasmar por escrito ese novo mundo interior que se abre ante eles.

Espectación no reparto de naipes. Que personaxe lle tocaría a cada un?

Outra obra coa que tamén xurden propostas creativas cheas de orixinalidade é “Sopa de soño”, de José Antonio Ramírez Lozano e Riki Blanco, editado tamén no catálogo de KALANDRAKA. Calquera obxecto se pode converter no ingrediente máis saboroso para elaborar o menú máis disparatado e selecto. Porque tamén é posible cociñar palabras!

Alberto compartiu cos escolares de A Xunqueira as receitas de "Sopa de soño"

Advertisements

One comment

  1. Batalla de naipes é un libro moi interesante e pouco coñecido, seguro que a proposta de kalandraka foi moi creativa. Felicidades!!



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: