h1

CONTOS E MÚSICA NO CEIP O RAMO

Maio 28, 2009

Sesión de contos e música no CEIP O Ramo

Con que rima a palabra lúa? Cantas pezas ten un clarinete? A onde viaxou Paco? Son preguntas que, ben seguro, calquera escolar de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria do CEIP O Ramo podería respostar logo de participar na sesión de contos e música ofrecida polo equipo de Animación Lingüística de PALABRAS NO AR.

 

Pablo e Patricia chegaron a Barallobre, onde se atopa o CEIP O Ramo. Os seus alumnos e alumnas máis cativos recibían por primeira vez esta visita tan especial. Combinando contos e música, literatura e ritmo, oralidade en galego e instrumentos tradicionais, os rapaces celebraron unha xornada escolar diferente.

Rótulo do CEIP O Ramo, en Barallobre

Fachada do CEIP O Ramo, ata onde viaxou PALABRAS NO AR

Bateron as palmas ao ritmo do clarinete mentres escoitaban a historia de “A banda de Vilacendoi”. Movéronse acompasadamente cando a frauta acompañaba a narración das aventuras do ratiño “Paco” polo espacio sideral. Contaron xirasoles, reiseñores e caracois ao tempo que a pandeireta guiaba a lectura de “Lúa”…

Contando "Lúa", a ritmo dunha pequena pandeireta

Os escolares de O Ramo, dando palmas mentres Pablo lles interpreta unha melodía co clarinete

Riron, cantaron, escoitaron con atención e participaron con entusiasmo. PALABRAS NO AR educou os seus ollos e adozou os seus oídos. E aos mestres quedáronlles moitas receitas para seguir practicando nas aulas a narración de contos en galego.

Tanto os mestres como os escolares de O Ramo gozaron coa sesión de contos e música de PALABRAS NO AR

Os nenos e nenas de O Ramo xesticularon, cantaron e participaron activamente na sesión

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: