h1

CONTOS E MÚSICA NO CEIP DE SILLOBRE

Maio 27, 2009

Foto "de familia" trala sesión de contos e música no CEIP de Sillobre

Nova parada na ruta de PALABRAS NO AR: o CEIP de Sillobre, no lugar de O Souto. Un grupo de escolares de Infantil e 1º ciclo de Primaria agardan a Pablo e Patri, músico e contadora de KALANDRAKA, para facelos cantar, tocar palmas e sobre todo, escoitar e voar coa imaxinación.

PALABRAS NO AR, de camiño ao CEIP de Sillobre...

...O equipo de contacontos de KALANDRAKA chega ao colexio

O repertorio de contos é tan amplo como a maleta na que viaxan, dunha escola a outra. Áí están os libriños para pre-lectores da colección “Do berce á lúa” ou o musical “Un dous tres que ves?”, relatos de autores galegos como “Paco” e “A banda de Vilacendoi”, obras de creación sobre nenas moi especiais, como “Amelia quere un can” ou “Orellas de bolboreta”…

 Patri e Pablo, contando "Lúa" para os escolares de Sillobre

Os escolares participaron e seguiron con atención a sesión de contacontos

…Tampouco faltan os contos de animais, como os protagonizados por Crocodilo e Xirafa, o Señor Pato e o Señor Coello, “O poliño da abeleira” ou “Unha eiruga moi larpeira”, contos tradicionais como o de “Garavanciño”, contos nos que se mesturan elementos doutros contos, como “No bosque”, ou contos para nenos e nenas soñadores, como “A nube de Martín”.

Contando "Lúa" aos alumnos e alumnas máis cativos da escola

Ata a próxima ocasión, CEIP de Sillobre!

Así, a ritmo de lúa, lúa, sol…, os nenos e nenas do CEIP de Sillobre atoparon nos contos uns amigos duradeiros que os acompañarán ao longo do seu crecemento e da súa aprendizaxe.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: