h1

ORALIDADE NO CEIP OS CASAIS: Inventando e mesturando coplas

Maio 26, 2009

Os escolares do CEIP Os Casais inventaron e mesturaron coplas tradicionais

O traballo dos escolares no Obradoiro de Oralidade celebrado no CEIP Os Casais de Fene é sorprendente. Rebuscando no legado dos devanceiros e xogando coa imaxinación, o resultado son unhas coplas do máis requintado. A partir dos primeiros versos, os rapaces e rapazas eran invitados a completar unha cuarta rima…

 

O noso compañeiro Alberto, orientando aos alumnos e alumnas 

 

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Unha semaniña acompañada.

 

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Iso é unha pasada.

 

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

E a noite está nublada.

 

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Unha semaniña leira.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

É unha animalada.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Durmindo na lareira.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Eu daría miña vida colorada.

 

Os libros da campaña PALABRAS NO AR ocuparon un lugar destacado na Biblioteca

 

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Un día como trona.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Nese tempo eu como unha empanada.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Enriba da lareira.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

E só se oíu unha badalada.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Como aira.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

E nunca vin unha fada.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Sempre é algo.

  

Unha noite no muíño

Unha noite non é nada

Unha semaniña enteira

Ten unhas crocadas.

 

 Compoñendo e descompoñendo versos no Obradoiro de Oralidade  

 

Outro dos exercicios consistiu en mesturar versos de distintas coplas, formando novas e divertidas estrofas. A que cantiga corresponde cada frase? Un puzzle de rimas para xogar coa lingua e coa literatura popular, dende “Mar de Vigo, mar de Vigo…”, ata “Como chove miudiño…”, pasando por “Miña nai, miña naiciña…”.

 

 Os rapaces e rapazas de Os Casais descubriron unha nova faceta das coplas tradicionais

  

O cura de Vilaverde

Tenche a barriga furada

A horta do señor cura

Pensando que era empanada.

 

  

Paxariño paxariño

Onde vas facelo niño

Que lla furaron os ratos

O máis alto carballiño.

 

 

Se souberas como teño

O meu corazón por dentro

Non me dabas unha fala

De noite cando me deito.

Advertisements

One comment

  1. Que boa idea! grazas por recuperar o noso folclore popular, a fala dos nosos avós.

    Grazas polo esforzo en poñer en valor a nosa lingua.



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: