h1

OBRADOIRO DE ORALIDADE NO CEIP OS CASAIS: Pérez Parallé, “A banda de Vilacendoi” e as cantigas populares

Maio 26, 2009

Alberto Barreiro imparte os Obradoiros de Oralidade de PALABRAS NO AR

Estreamos os obradoiros de oralidade no CEIP Os Casais, en Maniños. Neste centro escolar agárdannos alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria para participar na recuperación de cantigas, ditos populares, para exercitar a memoria e verbalizar anacos da sabedoría popular, para pór en valor o talento literario dos poetas.

 

PALABRAS NO AR chega ao lugar de Os Casais, na parroquia de Maniños

E chegamos con PALABRAS NO AR a Os Casais, en pleno corazón da parroquia de Maniños…

En próximos días, o CEIP Os Casais acollerá sesións de contos e música

O noso compañeiro Alberto Barreiro dirixiu uns talleres moi novidosos e participativos neste CEIP. A clave dos Obradoiros de Oralidade está na aportación que fagan os escolares, na súa implicación directa en cada actividade, no interese por compartir o seu coñecemento co resto dos compañeiros e na naturalidade coa que deixen fluir a súa expresión oral do galego.

 Os Obradoiros de Oralidade, unha ocasión para xogar coa lingua

Na xornada de hoxe un grupo de rapaces e rapazas traballou arredor da figura dun poeta tan senlleiro como Pérez Parallé, do que este ano se celebra o centenario do seu nacemento. O concello de Fene ten organizados varios actos nestas datas en homenaxe á vida e á obra dun autor que viviu na parroquia de Barallobre.

Os alumnos e alumnas participaron activamente na clase que impartiu Alberto

O “segrel” Xosé María Pérez Parallé (1909-1987) estudou Dereito, Filosofía e Letras e Maxisterio, onde participou na fundación da revista Abrente. Comprometido coa lingua galega, a meirande parte da súa produción poética -dispersa en xornais, revistas e publicacións diversas- baséase nas cantigas das populares rondallas da bisbarra.

 Cartel de PALABRAS NO AR e libros que complementan a campaña

Outro grupo de alumnos e alumnas centrou o seu exercicio na lectura do álbum ilustrado “A banda de Vilacendoi”, do autor e debuxante galego Xulio Gayoso, e na experimentación lingüística e literaria a partir de coplas tradicionais.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: