h1

CONTOS E MÚSICA NO CEIP AS CENTIEIRAS

Maio 26, 2009

Escolares de Infantil e 1º ciclo de Primaria de As Centieiras

Son os cidadáns e cidadás do mañá. E nos contos está boa parte da súa formación para coñecer o que lles rodea, as bases que sentarán a súa relación coas demais persoas e a bagaxe necesaria para valorar a cultura da que proceden. PALABRAS NO AR visita aos benxamíns e benxaminas do CEIP As Centieiras, de Perlío.

 

Patricia e Pablo interpretando "Cerca", unha obra de Natalia Colombo gañadora do 1º Premio Compostela

Os contos con música son máis divertidos

O equipo de Animación Lingüística de PALABRAS NO AR compartiu con estes nenos e nenas unha xornada diferente, arredor dos contos de tradición oral e de nova creación, dos instrumentos tradicionais… Emocionáronse cando Patricia lles contaba a historia dun pato e dun coello que vivían “Cerca” e Pablo acompañaba coa melodía do seu clarinete a narración. Pero as historias con certa melancolía tamén poden ter final feliz, e que mellor idea que empaparse dese espírito a ritmo de pandeireta para seguir escoitando, por exemplo, a historia de “Unha eiruga moi larpeira”…

...dando palmas...

...ao son das pandeiretas!

Advertisements

2 comentarios

  1. O conto “CERCA” deixou a súa pegada nos nenos de Centieiras, así que decidiron facer unha banda deseñada coas aventuras destes novos amigos. “PATO E COELLO AMIGOS”, quedoulles moi ben, e o presentaron na campaña de Banda Deseñada do equipo da nosa biblioteca.
    Gracias por contar e cantar e facernos desfrutar a todos.


    • Prezados amigos do cole Centieiras. Ao equipo de Palabras no Ar, aos contadores, a Kalandraka e á autora de “Cerca”, Natalia Colombo, faríanos moita ilusión que compartades ese traballo connosco e cos demais visitantes deste blog. Moitas grazas pola vosa iniciativa.
      PALABRAS NO AR



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: