h1

“PALABRAS NO AR” CHEGA ESTE LUNS A FENE

Maio 23, 2009

As sesións de contos e música están dirixidas a escolares de Infantil e 1º ciclo de Primaria

Preto de 600 escolares de Fene participarán a partir deste luns e ao longo de toda esta derradeira semana de maio, na Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR. O programa de actividades previsto desenvolverase no CPI A Xunqueira, de San Valentín; os CEIP As Centieiras, Os Casais, Santa Mariña e O Ramo, de Perlío, Maniños, Sillobre e Barallobre, respectivamente; e o Colexio Jorge Juan, de Perlío. Tamén se sumarán alumnos e alumnas da Escola Infantil de Limodre e de Fonte do Campo.

Levaranse a cabo 10 sesións de contacontos e música ás que asistirán un total de 350 rapaces e rapazas de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria. As xornadas completaranse con seis obradoiros de oralidade para 126 escolares e outros catro talleres de escrita creativa destinados a 114 cativos de 2º e 3º ciclo de Primaria.

Luns 25:

Contos e música para escolares do CPI A Xunqueira e Fonte do Campo

Martes 26:

Contos e música no CEIP As Centieiras e obradoiro de oralidade no CEIP Os Casais

 Escolares do CEIP A Xunqueira, en San Valentín Imaxe do CEIP Os Casais, de Maniños

Mércores 27:

Contos e música no Colexio Jorge Juan e no CEIP Santa Mariña de Sillobre. Obradoiro de oralidade no CEIP As Centieiras e taller de escrita nese mesmo centro.

Fachada do Colexio Jorge Juan, de Perlío CEIP As Centieiras, de Perlío

Xoves 28:

Contos e música no CEIP O Ramo e no CEIP Os Casais, coa incorporación de escolares da EEI de Limodre. Obradoiros de escrita e de oralidade no CEI A Xunqueira

Venres 29:

Obradoiro de oralidade e taller de escrita no CEIP O Ramo

Imaxe do CEIP A Xunqueira, en San Valentín Frontal do CEIP O Ramo, de Barallobre

O obxectivo das sesións de contos e música é que a oralidade e o ritmo lles axuden os nenos e as nenas no seu proceso de aprendizaxe e que a lingua estea presente dende os primeiros anos como elemento imprescindible para apoialos no difícil camiño da socialización. O repertorio de contos variará en función das idades dos escolares e a narración intercalarase con breves explicacións sobre os instrumentos musicais que se empreguen, como clarinete, frauta ou pandeireta. Os relatos complementaranse con cantigas, retahilas, refráns, adiviñas e outros textos propios do folclore infantil galego.

A música é un complemento ideal para as sesións de contos

En canto aos obradoiros de oralidade, pretenden desenvolver estratexias lúdicas e creativas para fomentar o uso do galego como vehículo de comunicación, mentres que os talleres de escrita creativa terán como eixo motivador un conto a partir do cal se lle proporá unha actividade de escrita que, ademáis de ser en galego, pretende favorecer a creatividade e potenciar a imaxinación dos asistentes.

O Blog de PALABRAS NO AR recollerá un seguemento diario das actividades, con imaxes das sesións e resumes das actividades. Tamén se amosará unha escolma dos traballos que se vaian realizando nos obradoiros. Animamos aos alumnos e alumnas, ao persoal docente dos centros e a toda a comunidade escolar, a participar activamente na confección deste blog, cos seus comentarios e suxerencias, para facer desta ferramenta tecnolóxica un foro aberto e participativo da Campaña.

Os obradoiros potencian a creatividade e a expresión, tanto oral como escrita, en galego

E como colofón, Radio Fene emitirá á semana seguinte, a través da súa frecuencia no 107.7 da FM, un espazo diario de 10 minutos de duración, no que se escoitarán as voces dos protagonistas de PALABRAS NO AR, lendo as súas creacións literarias, recitando poemas, participando e opinando sobre as sesións de contos. En definitiva, pensando e expresándose en galego. Todos os escolares recibirán unha copia dos programas radiofónicos e cada centro educativo quedará cun lote de libros do catálogo de KALANDRAKA para que os docentes sigan desenvolvendo nas aulas, ao longo do curso, as receitas para animar a ler e a falar na nosa lingua.

Advertisements

2 comentarios

  1. Noraboa á Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Kalandraka por esta fabulosa campaña!
    Grazas por seguir defendendo e poñendo en valor a nosa lingua e creo que este modelo radiofónico vai conseguir o máis difícil: que os nenos verbalicen, que a lingua se fale e se escoite das súas vocas.


  2. Gústannos moito os contos de Kalandraka! Cando vides ao meu cole?



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: