Posts Tagged ‘Videos’

h1

MONICREQUES EN PORTO CABEIRO

Decembro 2, 2009

 

Esta é unha pequena mostra do obradoiro desenvolvido polo equipo de PALABRAS NO AR  no CEIP Porto Cabeiro de Redondela. Alí, aproveitando a experiencia de nenos e nenas na construcción de personaxes con elementos de reciclaxe, quixemos animalos a pensar, debuxar e describir cadanseu monicreque. Que mellor lugar que Redondela para renderlle unha merecida homenaxe ao teatro de títeres e aos seus protagonistas…

Read the rest of this entry ?

h1

ADIVIÑA ANIMAIS: OS INSECTOS

Decembro 1, 2009

Aquí tedes un novo xogo de adiviñas, nesta ocasión froito do traballo dos nenos e nenas do CEIP Figueiroa da Estrada nun dos talleres de oralidade de PALABRAS NO AR.  Facede como Xan, collede unha boa lente e aventurádevos no coñecemento desta clase de veciños que ás veces pasan inadvertidos.

h1

PALABRAS… A CARÓN DA LAREIRA

Outubro 10, 2009

 

O Pazo da Peregrina estase a converter estes días nun lugar cheo de PALABRAS para recibir aos cativos do concello. Contamos contos e cantamos con eles, escoitamos e viaxamos coa imaxinación -como se facía antano- cos relatos á carón da lareira, sentindo o calorciño do lume e o eco da voz. Velaquí unha mostra. Esta presentación fotográfica resume a visita dos nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil do Milladoiro, Bugallido, A Tarroeira, Covas e Agrón durante os días 7 e 8 de outubro.

h1

PEQUECHOS DO RÍO ARNOIA

Setembro 24, 2009

Obradoiro de oralidade Allariz

O libro “A banda de Vilacendoi” foi o punto de partida dun dos obradoiros de oralidade de PALABRAS NO AR en Allariz. Velaquí o comezo desta fermosa historia do autor e ilustrador Xulio Gayoso:

  Read the rest of this entry ?

h1

DE VOLTA AO COLE

Setembro 3, 2009

Reloxo do coelliño branco

Chegou a hora de voltar e o equipo de KALANDRAKA retoma o seu contacto cos nenos e nenas composteláns para finalizar as actividades da campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR durante os días 2, 3 e 4 de setembro . Percorreremos novamente a Rede Municipal de Escolas Infantís  e os centros escolares CEIP Pio XII, CEIP López Ferreiro e CEIP de Fontiñas para achegarlles aos máis cativos a lingua galega mediante un programa lúdico artellado en torno á literatura, á música e á creación .

Read the rest of this entry ?

h1

PECHADO POR VACACIÓNS

Agosto 1, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR toma un merecido descanso durante o mes de agosto. Pero non queriamos marchar sen antes deixarvos un pequeno agasallo: esta fotomontaxe a xeito de resume , un petisco do que foron estes tres intensos meses de traballo en FENE, MONFORTE  e SANTIAGO.

Pasade un bo verán e volvede onda nós en SETEMBRO.

AGARDÁMOSVOS ¡

h1

XA FALTA POUCO PARA A PUBLICACIÓN DO LIBRO-DISCO “TIC-TAC”

Xullo 17, 2009

«Un saúdo moi grande para todos os nenos e nenas de Compostela. Espero vervos moi pronto nos concertos que daremos para presentar o disco Tic-Tac

O músico Pablo Díaz, que ameniza cos seus instrumentos as sesións de contacontos de KALANDRAKA, é un dos protagonistas de PALABRAS NO AR. Á volta do verán publicarase neste selo editorial o seu primeiro libro-disco, “Tic-Tac”, con ilustracións de Marc Taeger

Read the rest of this entry ?

h1

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Xullo 3, 2009

Estreamos un novo e atractivo formato para o seguemento da campaña! O equipo de PALABRAS NO AR preséntavos esta divertida montaxe audiovisual coas voces dos nenos e nenas do CEIP A Gándara, de Monforte, que participaron nos obradoiros de oralidade cunha proposta baseada na colección “Pequechos”, de FAKTORÍA K. Xogades connosco ás adiviñas de animais?