Posts Tagged ‘Oralidade’

h1

MONICREQUES EN PORTO CABEIRO

Decembro 2, 2009

 

Esta é unha pequena mostra do obradoiro desenvolvido polo equipo de PALABRAS NO AR  no CEIP Porto Cabeiro de Redondela. Alí, aproveitando a experiencia de nenos e nenas na construcción de personaxes con elementos de reciclaxe, quixemos animalos a pensar, debuxar e describir cadanseu monicreque. Que mellor lugar que Redondela para renderlle unha merecida homenaxe ao teatro de títeres e aos seus protagonistas…

Read the rest of this entry ?

h1

ADIVIÑA ANIMAIS: OS INSECTOS

Decembro 1, 2009

Aquí tedes un novo xogo de adiviñas, nesta ocasión froito do traballo dos nenos e nenas do CEIP Figueiroa da Estrada nun dos talleres de oralidade de PALABRAS NO AR.  Facede como Xan, collede unha boa lente e aventurádevos no coñecemento desta clase de veciños que ás veces pasan inadvertidos.

h1

‘PALABRAS…’ DOS NOSOS AVÓS

Novembro 26, 2009

Coñecédelos? Pois si, son  Manuel e Manuela, os protagonista de Avós, a entrañable historia escrita por Chema Heras e ilustrada por Rosa Osuna que podedes ler nas vosas bibliotecas. A súa vida, como a dos vosos propios avós, foi moi diferente á nosa: os xogos, a forma de divertirse, os seus traballos, a música que adoitaban escoitar…e ata a forma de falar ou de comunicarse era diferente. Por iso, en PALABRAS NO AR quixemos adicar parte dos obradoiros de oralidade a pensar e a expresar esas diferenzas. Continuade a ler e mergulládevos nun anaquiño do noso pasado.

Read the rest of this entry ?

h1

GÚSTAME…A ESTRADA !

Novembro 25, 2009

PALABRAS NO AR  traevos hoxe unha nova proposta da man dos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi. Convertédevos en xuices deste divertido concurso para atopar a mellor descripción da vila de A Estrada. E quen sabe … quizais descubramos algún xenio da publicidade.

Read the rest of this entry ?

h1

“PEQUECHOS” DO MAR… EN REDONDELA

Novembro 20, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR e os nenos e nenas do CEIP Santo Paio de Abaixo propoñémosvos un novo xogo: pequechos da ría… de Redondela!

Esta proposta, desenvolvida nun dos obradoiros de oralidade con nenos de 5º curso de Educación Primaria, está inspirada na colección Pequechos, editada por FAKTORÍA K. Collede papel e lapis e ide anotando os vosos acertos neste divertido enredo cos animais mariños. Despois, comprobade a puntuación obtida na táboa que tedes abaixo. Atrevédesvos a pescar?

Read the rest of this entry ?

h1

ASÍ É ONDE EU VIVO

Outubro 27, 2009


View Larger Map

Hoxe en día as novas tecnoloxías permítennos cousas que ata hai ben pouco eran impensables. Por exemplo, poderiamos sobrevoar o concello de Ames sen nin sequera movernos da cadeira. Mais, cando queremos coñecer un lugar de verdade, só podemos facelo percorrédoo polo miudo, de vagar, escoitando a súa xente… E iso é o que vos propoñemos de seguido. Escoitade o que contan os nenos e nenas de Ames sobre o lugar onde viven, e aprendede a ver a xeografía, o espazo e a paisaxe a través da ollada dos nenos. Unha escoita indispensable para os que queiran construir un mundo mellor.

Read the rest of this entry ?

h1

REFACENDO TRADICIÓNS NO COLEXIO DE VENTÍN

Outubro 26, 2009

Palabras no ar no colexio de Ventín.

PALABRAS NO AR chega ao colexio de Ventín, no Milladoiro. O traballo do obradoiro de oralidade estivo enfocado na tradición, pero non para lela ou repetila simplemente. Nesta ocasión, nós mesmos fomos creadores de tradición e aportamos novos versos a unhas cantas coplas tradicionais. Lede as creacións dos nenos e nenas deste centro escolar do Concello de Ames.

Read the rest of this entry ?

h1

FILOMENA FRAGA EN ‘PALABRAS NO AR’

Outubro 20, 2009

Filomena Fraga en Palabras no ar

O derradeiro obradoiro de oralidade celebrado en Ames contou cunha convidada moi especial: Dona Filomena Fraga.  Labradora, narradora, poeta… Mais, por riba de todo, Filomena foi -e segue sendo- unha muller “curiosa” que atesoura unha valiosa sabedoría froito dunha vida chea de experiencias. Filomena é unha persoa moi cercana e xenerosa que non dubidou en achegarse ao Pazo da Peregrina para lembrar tempos pasados cos nenos do CEIP Bispo Guerra. Ata nos contou que a súa nai traballara alí, nese nobre lugar, hai moito, moito tempo… Escoitade as palabras desta muller excecional, a preguntas dos nenos e nenas de  4º curso de Educación Primaria.

Read the rest of this entry ?

h1

PEQUECHOS DO RÍO ARNOIA

Setembro 24, 2009

Obradoiro de oralidade Allariz

O libro “A banda de Vilacendoi” foi o punto de partida dun dos obradoiros de oralidade de PALABRAS NO AR en Allariz. Velaquí o comezo desta fermosa historia do autor e ilustrador Xulio Gayoso:

  Read the rest of this entry ?

h1

ALLARIZ TEN… UNHA ‘AMORA’

Setembro 23, 2009

Obradoiro oralidade Allariz

Hoxe comezaron os obradoiros de PALABRAS NO AR  en Allariz, coa participación dos nenos e nenas de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Padre Feijoo.

Na Biblioteca Municipal, onde se celebran as actividades, o primeiro que fixeron os escolares foi contarnos como ven eles a súa vila: Allariz ten…

Read the rest of this entry ?

h1

PEQUECHOS DO CORTELLO

Setembro 22, 2009

Pequechos do Cortello

Se hai unha data sinalada no calendario de festas de Allariz, esta é a da FESTA DO BOI. Todos os nenos da vila admiran este enorme e fermoso animal. Pero en PALABRAS NO AR quixemos saber se coñecían algún máis. Por iso, unha das propostas do Obradoiro de Oralidade foi a titulada “Pequechos do cortello“.

Abride estas vellas portas, traspasade o umbral da curiosidade e xogade con nós ás adiviñas protagonizadas por diversos animais domésticos. Os seus autores son escolares de 3º curso de Primaria do CEIP Padre Feijóo, que tomaron de exemplo os títulos da colección PEQUECHOS. Atrevédesvos?

Read the rest of this entry ?

h1

PECHADO POR VACACIÓNS

Agosto 1, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR toma un merecido descanso durante o mes de agosto. Pero non queriamos marchar sen antes deixarvos un pequeno agasallo: esta fotomontaxe a xeito de resume , un petisco do que foron estes tres intensos meses de traballo en FENE, MONFORTE  e SANTIAGO.

Pasade un bo verán e volvede onda nós en SETEMBRO.

AGARDÁMOSVOS ¡

h1

ADIVIÑA…. REFRÁNS

Xullo 10, 2009

LIBROS ANTIGOSPALABRAS NO AR  segue a deparar sorpresas marabillosas. Hai algúns días, atopamos un importante achado: un antigo libro que durmía no faiado dunha vella escola en Santiago de Compostela. Despois de limpalo con moito agarimo, puidemos abrir as súas páxinas e descubrir que se trataba dun libro galego de refráns  recollidos por un mestre de escola hai máis de 200 anos . Pero… o tempo non pasa en balde, e naquel libro había liñas que non podiamos ler por mor das manchas que a humidade foi deixando co paso dos anos. Con moito traballo e coa axuda dos nenos e nenas composteláns, puidemos  recompoñer as liñas que faltaban. E pareceunos un labor tan divertido, que tamén volo propoñemos a vós. Descubride:

Read the rest of this entry ?

h1

DESCUBRIMOS UN NOVO “CANCIONEIRO” NAS FONTIÑAS

Xullo 6, 2009

CEIP As Fontiñas, en Santiago, un dos espazos da campaña PALABRAS NO AR

Os alumnos da Escola Municipal de Verán de Santiago de Compostela que se desenvolve no CEIP das Fontiñas estiveron e traballar un pouquichiño coas coplas. Neste obradoiro organizado por KALANDRAKA no marco da campaña Bocaberta, que parte da proposta de “A banda de Vilacendoi“, as nenas e nenos tiveron a oportunidade de reescribir parte da nosa tradición oral grazas a un exercicio no que eles mesmos inventaron unha parte dos versos.

Read the rest of this entry ?

h1

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Xullo 3, 2009

Estreamos un novo e atractivo formato para o seguemento da campaña! O equipo de PALABRAS NO AR preséntavos esta divertida montaxe audiovisual coas voces dos nenos e nenas do CEIP A Gándara, de Monforte, que participaron nos obradoiros de oralidade cunha proposta baseada na colección “Pequechos”, de FAKTORÍA K. Xogades connosco ás adiviñas de animais?