Preséntavos de seguido outra aportación ao mundo da gastronomía das palabras e da imaxinación: uns deliciosos menús de outono elaborados polos nenos e nenas do colexio de Quintela (Redondela) nun dos obradoiros de PALABRAS NO AR. Entrantes, primeiros e segundo pratos, sobremesas…Aguzade os vosos sentidos para saborear as receitas máis orixinais da cociña de tempada.
Escoitade ben porque nesta ocasión ofrecémosvos un par aventuras que forman parte da longa historia da Rapa das bestas, festa centenaria do lugar de Sabucedo, en A Estrada, e que nos son achegadas polas nenas e nenos do CEIP Figuieroa. Estas historias recrean unha parte da festa grazas á proposta de Batalla de naipes para o obradoiro de escrita creativa nesta campaña da editorial Kalandraka. Os personaxes da baralla achégannos nesta ocasión unha parte da nosa propia historia…
De entre os buxos do Pazo de Oca chégannos estas historias escritas polos alumnos do Ceip Figueroa no obradoiro de escrita creativa da campaña PALABRAS NO AR. Relatos fermosos elaborados a partir da proposta de Batalla de naipes e que nos levan por lugares capaces de nos facer perder a memoria. Moito ollo, amarrade ben os vosos recordos porque poden desaparecer sobre as augas do esquecemento.
Carola, a galiña da bufanda azul, ten conta dos nosos creadores e grazas ao seu aXexo creamos un novo mundo de batallas. Chega outro capítulo de Batalla de naipes, baseado no libro de KALANDRAKA, da man das alumnas e alumnos do CEIP Figueroa, da Estrada. Emocionantes aventuras dos nosos queridos personaxes da baralla que, desta vez, queren ser persoas normais, que acaban no hospital, e mesmo descobren familiares que tiñan perdidos. Botádelle unha ollada a estes relatos que nos achegan ao fantástico mundo que se agocha tralos reis, cabalos, ouros, sotas e espadas.Read the rest of this entry ?
Terra da Barcala. Lugar de Ames. Ano 2009. No campo de batalla do Pazo da Peregrina víronse as caras os alumnos do CEIP Bispo Guerra e do CEIP Agro do Muíño, e puxeron a funcionar a súa imaxinación nesta batalla de ideas e contos, ofrecéndonos deste modo unha manchea de relatos cos personaxes da baralla. Read the rest of this entry ?
Prestade moita atención. As mozas e mozos de Barouta ofrécennos para este blog da campaña PALABRAS NO AR un conxunto de fermosos contos. Estes relatos contados ao xeito de Batalla de naipes -unha obra de Juan Ignacio Pérez- teñen por obxecto reescribir e reinventar a historia que Filomena Fraga nos contaba sobre a relación que a súa nai tivera co Pazo da Peregrina, onde traballara como ama de cría. Nesta ocasión, o obradoiro de escrita mistura a tradición coa propia Historia para elaborar unhas novas e tenras fábulas, e para traspasar con elas os muros do pazo. Así conectamos coa memoria, que Filomena tamén nos achega no seu libro, titulado A cancela. Pasado, presente e futuro, unidos co fío da imaxinación
Mara tivo unha idea extraordinaria: convidarvos a xantar! Por iso pediulles axuda aos nenos e nenas de Ames -estupendos cociñeiros da imaxinación e das palabras- para que lle confeccionaran uns saudables e orixinais menús que poderedes ir degustando nos vindeiros días. Velaquí a primeira proposta gastronómica-literaria. Non dubidedes en probala. Bo proveito!
Os obradoiros de escrita da campaña PALABRAS NO AR xiran en torno ao enleo reviravoltado e dan pé a simpáticos relatos de malentendidos, de ‘leva-e-trae’, que abofé serán do voso agrado. Botádelle un ollo a estes exemplos humorísticos onde, a cada volta e a cada novo personaxe, o que nun principio era, pasa a ser outra cousa cada vez máis divertida. Gozade da lectura destes relatos de “Enleo de naipes”:
Despois de tanto traballar no obradoiro de escrita, os alumnos do C.E.I.P. Padre Feijóo de Allariz quedaron cun pouco de fame, así que fomos de merenda á beira do río Arnoia. Os cociñeiros e cociñeiras de quinto curso propuxeron un menú un tanto especial. Lede con atención as receitas porque, a verdade, é que foi unha merenda única!
As nenas e nenos do CEIP Padre Feijoo de Allariz lévannos cara ao medievo a través dos breves relatos elaborados nos obradoiros de escrita da campaña PALABRAS NO AR. Esta pequena viaxe no tempo é tamén atemporal xa que non impide que aparezan personaxes coma Obama, as hipotecas, os banqueiros, e historias de todo tipo que nos traen de novo aos nosos días. Botádelle un ollo a esta pequena selección que de seguro vos vai encantar.
O obradoiro de escrita creativa que tivo lugar na Escola de Fontiñas a partir da proposta da obra “Batalla de Naipes” deu como resultado as creacións colectivas que podedes ler a continuación. Imaxinación e creatividade a moreas para comezar o novo curso.
O equipo de PALABRAS NO AR toma un merecido descanso durante o mes de agosto. Pero non queriamos marchar sen antes deixarvos un pequeno agasallo: esta fotomontaxe a xeito de resume , un petisco do que foron estes tres intensos meses de traballo en FENE, MONFORTE e SANTIAGO.
Pasade un bo verán e volvede onda nós en SETEMBRO.
Ás beiras do santuario de san Lázaro, no barrio das Fontiñas, as nenas e nenos da escola de verán de Compostela fixeron un alto nas súas actividades ao aire libre para agasallarnos con un novo recetario cheo de orixinalidade e preparado para os padais máis exquisitos.
Esta proposta parte do libro Sopa de soño de J.A. Ramírez Lozano que ofrece orixinais e surrealistas receitas como a que podedes escoitar a continuación na voz dun pequeno das Fontiñas
O verán é un bo momento para exercitar a imaxinación mediante a escritura. Non todo vai ser xogar e brincar… Os obradoiros de escrita creativa de PALABRAS NO AR invitan os nenos e nenas a descubrir esa faceta de escritor ou escritora que levan dentro.
PALABRAS NO AR é a campaña de dinamización lingüística promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e desenvolvida por KALANDRAKA EDITORA.