Posts Tagged ‘Emisións radiofónicas’

h1

CONTINÚAN AS EMISIÓNS DE ‘PALABRAS…’ EN REDONDELA

Decembro 2, 2009

PALABRAS NO AR…

continúa coas súas emisións en Radio Redondela. Acendede os vosos receptores ás 14:10 horas e sintonizádeos no 94.4 ou 94.9 da FM para escoitar o que teñen que contar os nenos e nenas desta vila. E coma sempre, tamén no blog. Xa tedes aloxado o do martes 1 de decembro!

h1

COMEZARON AS EMISIÓNS DE ‘PALABRAS…’ EN RADIO REDONDELA

Decembro 1, 2009

Permanecede atentos aos vosos receptores para cazar ao voo as PALABRAS NO AR dos nenos e nenas de Redondela. E coma sempre, poderedes escoitar tamén os programas a través do blog.

h1

AS ‘PALABRAS…’ DA ESTRADA, XA NO BLOG

Novembro 14, 2009

Ilustración de Batalla de Naipes_J. Rodes_Kalandraka EditoraO carteiro real xa nos trouxo os cinco programas de PALABRAS NO AR emitidos en Radio Estrada para pór á vosa disposición no blog. Non vos perdades o que teñen que contar os nenos e nenas deste concello sobre o lugar onde viven. E coma sempre, contos, músicas, coplas, adiviñas, refráns, orixinais receitas de cociña, historias de intriga pacega… seguen presentes nas nosas emisións.

Accedede aos programas na barra lateral do blog ou desde a propia páxina web da emisora.

Agardámosvos.

h1

ESCOITADE XA AS ‘PALABRAS…’ DE AMES

Novembro 5, 2009

nenos mara baixa

Escoitade xa no blog os primeiros PALABRAS NO AR  emitidos o luns, martes e mércores en Ames Radio e acompañade os nenos e nenas desta localidade no seu percorrido por distintos aspectos da nosa lingua e da nosa cultura. Contos, música, coplas, adiviñas, poesía, creacións literarias… sorprenderanvos na voz dos máis pequenos. Ademais, contamos nestes programas cunha convidada especial, Filomena Fraga, madriña de honra de Ames Radio e muller entranable e xenerosa que compartiu con todos nós a súa sabedoría.

Continuade atentos ao blog ou cazade as PALABRAS no ceo de Ames, cos vosos receptores de radio.

h1

PRÓXIMAS EMISIÓNS EN AMES RADIO

Outubro 27, 2009

Próximas emisións de PALABRAS NO AR en Ames Radio

h1

DERRADEIRO ‘PALABRAS’ EN ALLARIZ

Outubro 16, 2009

Abur rapaces...

O equipo de PALABRAS NO AR depídese de Allariz coa emisión do derradeiro programa radiofónico no que Olalla González e Marc Taeger, autores de “Garavanciño“, envían un agarimoso saúdo para todos os nenos e nenas da vila. Agradecemos  a colaboración de todos os que participastes nas acticidades e, especialmente, ao equipo de Cultura do Concello e á Radio Municipal de Allariz pola súa  axuda e complicidade.

Continuade atentos ás PALABRAS NO AR.

h1

O CUARTO ‘PALABRAS’ DE ALLARIZ, XA NO BLOG

Outubro 15, 2009

pABLO oTERO

Xa podedes escoitar o cuarto espazo radiofónico de PALABRAS NO AR  directamente neste blog. Non perdades as interesantes reflexións que fai o artista plástico ourensán Pablo Otero a preguntas dos nenos e nenas de Allariz. Na súa intervención, relata cal é súa a relación coa vila do Arnoia. Continuade atentos á frecuencia de Radio Allariz para escoitar mañá o derradeiro programa desta etapa. Haberá máis invitados sorpresa…

h1

MÁIS ‘PALABRAS…’ VOANDO POR ALLARIZ

Outubro 14, 2009

Autobús. Ilustración de Xulio Gayoso para A banda de Vilacendoi. Kalandraka Editora

O terceiro programa de ‘PALABRAS…’ xa está no ar! E ben seguro que moitos dos que nos seguides dende esta vila ourensá o teredes escoitado, non si? Se non o puidestes facer, non vos apuredes. Podedes descargalo, coma sempre, neste blog, accedendo á sección  PROGRAMAS  na barra lateral. E continuade atentos a Radio Allariz! No espazo radiofónico de mañá haberá un invitado moi especial que nos vai descubrir cousas sobre o seu traballo e a súa relación coa vila.

 

h1

SEGUNDA EMISIÓN DE ‘PALABRAS…’ EN ALLARIZ

Outubro 13, 2009

Logo radio ALLARIZ

Escoitade hoxe en Radio Allariz, ás 13:05 e ás 15:00 horas, a segunda das nosas emisións, protagonizada polos nenos e nenas da vila ourensá arredor da campaña PALABRAS NO AR. E se non tedes oportunidade de sintonizalo no horario programado, descargádeo directamente nesta web.

h1

COMEZAN AS EMISIÓNS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN RADIO ALLARIZ

Outubro 12, 2009

Carlos en Radio Allariz

Como anunciaramos, hoxe retómanse as emisións radiofónicas de PALABRAS NO AR . Os novos programas acompañaranvos ata o 16 de outubro ás 13:05 e ás 15:00 horas, na sintonía de Radio Allariz (107,2 FM) . E para aqueles que non teñades a oportunidade de escoitalos a través do receptor, podedes facelo aquí mesmo ou por Internet, enlazando coa emisión dixital de Radio Allariz nos horarios programados. Moitas grazas a todos os nenos e nenas que teñen participado nas actividades, ao departamento de Cultura do Concello e, en especial, ao equipo de Radio Allariz pola súa colaboración.

h1

PRÓXIMAS EMISIÓNS EN RADIO ALLARIZ

Outubro 9, 2009

O luns 12 comezan as emisións de PALABRAS NO AR en Radio Allariz, 107.2 fm, ás 13:05 e ás 15:00 h.

h1

OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ FENE DISPOÑIBLES XA EN CD

Setembro 7, 2009

Palabras no ar: Cds Fene

Unha sorpresa agarda aos nenos e nenas de Fene no comezo deste novo curso: todos aqueles que o pasado mes de maio  tiveran participado nas actividades de dinamización lingüística desenvolvidas por KALANDRAKA nos centros educativos deste concello, recibirán como agasallo, nestes primeiros días de volta á escola, o CD coa gravación dos cinco programas de PALABRAS NO AR emitidos previamente na radio municipal.

Read the rest of this entry ?

h1

DERRADEIRO ‘PALABRAS…’ EN COMPOSTELA

Xullo 20, 2009

Despertador USBTic-tac, tic-tac, o reloxo vai soar…

Con esta sintonía xa coñecida por todos comeza e remata a derradeira emisión de PALABRAS NO AR  en Santiago. Nesta ocasión, chegounos unha sorpresa especial dende a outra beira do Atlántico: Natalia Colombo, autora e ilustradora de Cerca, libro gañador do 1º Premio Compostela de álbum ilustrado, envíanos unha mensaxe de voz para os nenos e nenas composteláns. Non vos parece fantástico? Unha arxentina falando galego ¡

Animádevos a escoitala premendo no seguinte reproductor ou abrindo enlace correspondente da sección Programas na barra lateral.

h1

CONTINÚA NAS ONDAS ‘PALABRAS NO AR’

Xullo 16, 2009

AntenaContinuade atentos aos vosos receptores  para sintonizar unha nova entrega de PALABRAS NO AR  a través da Cadea SER en Santiago de Compostela. Nesta ocasión as historias mediavais portagonizadas por  reis, príncipes e princesas inspiradas na obra Batalla de naipes teñen especial protagonismo. Sabedes que en Santiago hai unha igrexa onde habitan as catro sotas da baralla? Pois para saber máis, escoitade aquí o que vos contan os nenos e nenas compostelás.

E recordade: a seguinte emisión trasladouse ao LUNS 20 DE XULLO ÁS 13:40 HORAS

h1

MÁIS ‘PALABRAS…’ NO AR DE COMPOSTELA

Xullo 15, 2009

Cazando letras 2

Continúan as emisións de PALABRAS NO AR en Santiago a través da frecuencia de Radio Galicia-Cadea SER . Os nenos e nenas compostelás seguen a mostrar a súa creatividade ofrecéndonos historias elaboradas nos obradoiros de oralidade e de escrita a partir das propostas do equipo de KALANDRAKA.  O invitado nesta ocasión é Xulio Gayoso, autor e ilustrador de A banda de Vilacendoi, conto que serve de elmento conductor do programa de hoxe. Animádevos a escoitalo premendo o reproductor.

Agardámosvos na seguinte entrega de PALABRAS NO AR.