Posts Tagged ‘Convidad@s’

h1

GALEGO CON ACENTO PORTEÑO

Xullo 28, 2009

 Natalia Colombo, na súa intervención con motivo da entrega do I Premio Compostela

Ola amigos, son Natalia Colombo, e hai máis ou menos un ano tiven a grandísima sorte de cruzar o mar e coñecer parte de Galicia. A sorte foi aínda maior cando puiden atoparme con moitos nenos que viven aí, e que me recibiron cos brazos abertos. Todo isto grazas a un pato e un coello, que son os que fixeron que eu puidera vivir esta experiencia que non vou esquecer nunca…

Natalia Colombo é a autora e ilustradora de “Cerca”, o álbum gañador do I Premio Compostela de Álbums Ilustrados, que KALANDRAKA editou en sete linguas. Grazas á tecnoloxía, a súa voz -en galego, co seu suave acento porteño- cruzou o Atlántico para soar no espazo radiofónico de PALABRAS NO AR e quedar plasmada neste blog para todos os seguidores da campaña. A mensaxe completa pódese ler e escoitar a continuación…

Read the rest of this entry ?

h1

XA FALTA POUCO PARA A PUBLICACIÓN DO LIBRO-DISCO “TIC-TAC”

Xullo 17, 2009

«Un saúdo moi grande para todos os nenos e nenas de Compostela. Espero vervos moi pronto nos concertos que daremos para presentar o disco Tic-Tac

O músico Pablo Díaz, que ameniza cos seus instrumentos as sesións de contacontos de KALANDRAKA, é un dos protagonistas de PALABRAS NO AR. Á volta do verán publicarase neste selo editorial o seu primeiro libro-disco, “Tic-Tac”, con ilustracións de Marc Taeger

Read the rest of this entry ?

h1

ENTREVISTAMOS A PAULA CARBALLEIRA

Xullo 9, 2009

Paula Carballeira, coas torres da catedral de Santiago ao fondo, saúda aos nenos e nenas de PALABRAS NO AR

Ola, son Paula Carballeira, e quería mandar un saúdo a todas as nenas e nenos, especialmente aos de Fene e das parroquias. Moitos bicos, grazas por participar en PALABRAS NO AR, e que as vosas palabras voen polos aires e poida escoitalas eu aquí, en Santiago de Compostela.

Read the rest of this entry ?

h1

CONVERSA CON XULIO GAYOSO

Xullo 6, 2009

O ilustrador Xulio Gayoso, autor de "A banda de Vilacendoi", entrevistado por PALABRAS NO AR

Chámome Xulio Gayoso e son o autor de “A banda de Vilacendoi”, do que fixen o texto e as ilustracións. Son de Lugo e vivo actualmente en Cambados, nas Rías Baixas. E quero mandar un saúdo moi especial aos nenos e nenas de Monforte de Lemos, que é unha zona para min moi querida porque representa un espazo moi importante da Galicia interior, onde eu tiven grandes amigos. Un amigo meu inesquecible foi Manuel María, e a súa muller Saleta, que me acolleron moitas veces na súa casa, sobre todo na época das festas de Monforte. Por tanto, en Monforte fun moi feliz.

Read the rest of this entry ?

h1

MENSAXE ULTRAMAR DA AUTORA DE ‘CERCA’

Xullo 3, 2009

Natalia Colombo, autora e ilustradora de "Cerca"

Sorpresa! Hoxe asómase ao blog de PALABRAS NO AR unha invitada moi especial que nos visita dende moi lonxe, da outra beira do Atlántico, en Bos Aires. Ata aló chega o eco das PALABRAS NO AR coas que nos agasallan os nenos e nenas de Santiago, Monforte e Fene. Estes últimos, pertencentes ao CEIP As Centieiras, de Perlío, elaboraron unha historieta cos protagonistas de “Cerca”, o álbum de Natalia Colombo. Un “paxariño” pioulle a existencia deste traballo á autora e ilustradora do libro gañador do I Premio Compostela, que lles envía unha agarimosa mensaxe…

Read the rest of this entry ?

h1

PAULA CARBALLEIRA EN PALABRAS NO AR

Xuño 12, 2009

Paula Carballeira, entrevistada polos escolares de Fene, a súa vila natal

A autora, narradora e actriz Paula Carballeira (Fene, 1972) é a protagonista do derradeiro programa radiofónico de PALABRAS NO AR na sintonía de Radiofusión Ferrolterra. Os escolares do Ceip da Xunqueira e do Ramo fixéronlle unha interesante entrevista sobre os seus comezos na escrita, os seus contos preferidos e as distintas facetas do seu traballo. Hoxe ás 14:15 e ás 15:15 horas no 107.7 da FM.

Read the rest of this entry ?

h1

ORALIDADE NO CEIP A XUNQUEIRA: Pérez Parallé e Paula Carballeira

Maio 31, 2009

Obradoiro de oralidade en torno á obra de Pérez Parallé

O concello de Fene ten a honra de contar con persoeiros importantes na súa cidadanía ao longo dos anos. O poeta Xosé María Pérez Parallé, do que se cumpre este ano o centenario do seu nacemento, é un dos máis sobranceiros. Entre os actuais, destaca a actriz e autora Paula Carballeira. O obradoiro de oralidade celebrado no CEIP A Xunqueira, en San Valentín, estivo adicado a eles.

 

Read the rest of this entry ?