
A seguinte xornada de PALABRAS NO AR en Redondela levou a actividade de contos con música ata as parroquias de Quintela e de Ventosela. Como noutras ocasións, música e contos para animar os máis pequenos no emprego da nosa lingua.


A seguinte xornada de PALABRAS NO AR en Redondela levou a actividade de contos con música ata as parroquias de Quintela e de Ventosela. Como noutras ocasións, música e contos para animar os máis pequenos no emprego da nosa lingua.


Velaquí unha mostra dos traballo que atopou o equipo de PALABRAS NO AR na súa visita ao CEIP Outeiro das Penas. Semella que o outono ten chegado a Cesantes… É, pois, tempo de castañas, de magostos, de chuvias e de contos. Por iso, como hai moitos, moitos anos, recollémonos -maiores e pequenos- en torno ao poder evocador da música e da palabra.


A EEI A Marisma e o CEIP Santa Mariña foron outras paradas de PALABRAS NO AR no seu itinerario por estas terras. Alí, e cos ecos recentes da celebración do Samaín, acochámonos nunha preciosa biblioteca para contar e cantar cos nenos e nenas da vila de Redondela.


Velaquí un fermoso mural que decora unha das paredes do CEIP de Trasmañó. Nel podemos ver un retrato de Néboa, un coelliño branco que acompaña os nenos e nenas no colexio. Mesmo o levan para as súas casas nas fins de semana. Xunto con outros personaxes imaxinarios, Néboa tamén foi protagonista dos contos como os que viaxan a cotío na maleta dos contadores de KALANDRAKA.


A primeira xornada de PALABRAS NO AR no Concello de Redondela levounos ata a parroquia de Chapela, onde o equipo de contadores de KALANDRAKA visitou -coas súas maletas cheas de historias e instrumentos- os colexios de Angorén e de Laredo.


Quen é? preguntarédesvos todos. Ben, todos, todos… non. Os nenos e nenas do CEIP O Foxo coñecen ben a FUXÚ, un trasno da especie ‘furabolos’ que traballa de bibliotecario na súa escola dende tempos remotos. Fuxú leva por nome “a voz do vento” e, como o todos os superheroes, ten unha misión: ser “ferreiro de estrelas”, “canteiro de astros celestes”, “carpinteiro dos soños”. Estamos seguros de que escoitou con atención todos os contos que Pablo e Patricia contaron e cantaron no Foxo, porque neles non faltaron estrelas, astros e soños.


O CEIP de Figueiroa foi o seguinte destino do equipo de PALABRAS NO AR na súa estadía no Concello da Estrada. Rodeado de castiñeiros, este colexio agocha no seu interior unha acolledora biblioteca, onde tivemos a sorte de atopar unha amiga moi especial: a GALIÑA CAROLA. Ela acompañounos durante o tempo que estivemos alí cos nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria. E levou algunha que outra sorpresa…


A segunda etapa de PALABRAS NO AR no Concello da Estrada chegou moi pretiño do seu coñecido pazo de xardíns marabillosos: o colexio de Oca. Na biblioteca agardaban todos os nenos e nenas, desde os máis pequerrechos de Educación Infantil ata os maiores de 6º de Primaria, para escoitar contos, música e cantar con Pablo e Patricia. Pero alí, descubrimos a un pequeno amigo moi especial…


A primeira visita de PALABRAS NO AR no Concello da Estrada foi ao colexio de Codeseda, o CEIP Cabada Vázquez. Así estiveron todos os nenos e nenas durante o tempo que durou a sesión de contos e música: coas orellas ben abertas e o cu ben pegado no chan. Seguide lendo este artigo e descubriredes o que alí aconteceu…


Desta volta, os nenos e nenas que participaron na derradeira sesión de contos e música celebrada en Ames, levaron as nosas PALABRAS ata o CEIP Agro do Muiño. Pero coidamos que non viñeron sós…

O Pazo da Peregrina estase a converter estes días nun lugar cheo de PALABRAS para recibir aos cativos do concello. Contamos contos e cantamos con eles, escoitamos e viaxamos coa imaxinación -como se facía antano- cos relatos á carón da lareira, sentindo o calorciño do lume e o eco da voz. Velaquí unha mostra. Esta presentación fotográfica resume a visita dos nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil do Milladoiro, Bugallido, A Tarroeira, Covas e Agrón durante os días 7 e 8 de outubro.


…E así foi. Os nenos e nenas de do CEIP Bispo Guerra de Bertamiráns aproveitaron unha escampadiña para sair dos autobuses que os levaron ata o Pazo da Peregrina, para participaren nas sesións de contos con música programadas en PALABRAS NO AR. E abofé que mereceu a pena!


Desafiando a choiva e o vento do outono, comezaron as actividades de animación lingüística de PALABRAS NO AR no concello de Ames. E os primeiros en chegar ao Pazo da Peregrina para participar nas sesións de contos e música foron os nenos e nenas do CEIP de Barouta.


Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de 1º curso do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Nunha estupenda mañá de outono, e despois de pasar diante do mercado, chegaron á Biblioteca Municipal para participar nas sesións de contos con música de PALABRAS NO AR. Alí agardábanos Pablo e Patricia cunha chea de personaxes, algún moi familiar para eles…


Chegou a hora de voltar e o equipo de KALANDRAKA retoma o seu contacto cos nenos e nenas composteláns para finalizar as actividades da campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR durante os días 2, 3 e 4 de setembro . Percorreremos novamente a Rede Municipal de Escolas Infantís e os centros escolares CEIP Pio XII, CEIP López Ferreiro e CEIP de Fontiñas para achegarlles aos máis cativos a lingua galega mediante un programa lúdico artellado en torno á literatura, á música e á creación .