Posts Tagged ‘Axenda’
Decembro 18, 2009

De novo temos que comunicarvos un cambio na programación de PALABRAS NO AR en Culleredo. Problemas técnicos non fixeron posible a emisión do xoves, polo que o programa de onte será emitido hoxe no horario anunciado, as 11:30 horas na sección habitual adicada a cultura. Así pois, o derradeiro PALABRAS NO AR sairá en antena o luns 21 ás 13:05. As nosas desculpas e as de Radio Culleredo a todos os oíntes que habitualmente seguides aos nenos e nenas deste concello, botando as súas PALABRAS NO AR.
Publicado en Culleredo | Etiquetado Axenda, Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Decembro 17, 2009

Os responsables da emisora municipal de Culleredo infórmannos dun cambio de horario da derradeira emisión de PALABRAS NO AR, prevista para venres 18 ás 13:00 horas. Así pois, poderédela escoitar o mesmo día ás 11:30h. dentro do habitual programa de Cultura.
Agardámosvos.
Publicado en Culleredo | Etiquetado Axenda, Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Decembro 2, 2009

PALABRAS NO AR…
continúa coas súas emisións en Radio Redondela. Acendede os vosos receptores ás 14:10 horas e sintonizádeos no 94.4 ou 94.9 da FM para escoitar o que teñen que contar os nenos e nenas desta vila. E coma sempre, tamén no blog. Xa tedes aloxado o programa do martes 1 de decembro!
Publicado en Redondela | Etiquetado Axenda, Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Novembro 30, 2009

Despois do seu paso por Culleredo, PALABRAS NO AR trasládase á localidade pontevedresa de Cambados, onde comeza o día 30 de novembro. Contos con música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa ocuparán o tempo de case 800 nenos e nenas dos centros escolares de Infantil e de Primaria deste municipio ate o 11 de decembro. Os programas radiofónicos emitiranse a través de Radio Lider Cambados ás 13:30 horas na semana do luns 11 ao venres 15 de xaneiro, na frecuencia do 107.9 FM. E coma sempre, poderedes seguir aquí a evolución de todas as actividades.
Para máis información, descarga a nota de prensa.
Publicado en Cambados | Etiquetado Axenda | 1 Comentario »
Novembro 27, 2009

PALABRAS NO AR segue a desenvolver as súas actividades no concello coruñés de Culleredo. Despois da primeira semana de obradoiros de escrita e de oralidade, estanse a realizar estes días, no Edificio de Usos Múltiples do Burgo, as sesións de contos con música. Moi pronto teredes información no blog do que alí está acontecendo. E recordade que as emisións radiofónicas están previstas dende o 14 ao 18 de decembro en Radio Culleredo, no 101.2 da FM.
Continuade á espreita das vosas PALABRAS NO AR.
Publicado en Culleredo | Etiquetado Axenda | Deixar un comentario »
Novembro 13, 2009

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | 1 Comentario »
Novembro 12, 2009

A oitava etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza a partir deste luns día 16 en Culleredo. Esta iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, consiste en sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, que se desenvolverán ata o 27 de novembro. Participarán máis de 800 escolares de cero a once anos de idade, pertencentes aos CEIP Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo, Ría do Burgo, o CEIP de Tarrío e o CPR Ponte da Pasaxe.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Culleredo | Etiquetado Axenda | 1 Comentario »
Outubro 16, 2009

A sexta etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza o vindeiro luns día 19 na Estrada. Esta iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, achegará sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, para escolares de tres a once anos de idade. As actividades celebraranse ata o venres 30 deste mes e participarán máis de 800 escolares pertencentes aos CEIP do Foxo, de Figueiroa, de Oca, e os CEIP Cabada Vázquez, Pérez Viondi e Manuel Villar Paramá.
Read the rest of this entry ?
Publicado en A Estrada | Etiquetado Axenda | Deixar un comentario »
Outubro 12, 2009

Como anunciaramos, hoxe retómanse as emisións radiofónicas de PALABRAS NO AR . Os novos programas acompañaranvos ata o 16 de outubro ás 13:05 e ás 15:00 horas, na sintonía de Radio Allariz (107,2 FM) . E para aqueles que non teñades a oportunidade de escoitalos a través do receptor, podedes facelo aquí mesmo ou por Internet, enlazando coa emisión dixital de Radio Allariz nos horarios programados. Moitas grazas a todos os nenos e nenas que teñen participado nas actividades, ao departamento de Cultura do Concello e, en especial, ao equipo de Radio Allariz pola súa colaboración.
Publicado en Allariz | Etiquetado Axenda, Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Outubro 2, 2009

A quinta etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza a partir deste luns día 5 en Ames. A iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, achegará sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, para escolares de tres a once anos de idade. As actividades celebraranse no Pazo da Peregrina ata o 16 de outubro e participarán máis de 800 escolares pertencentes aos CEIP Bispo Guerra Campos, Agro do Muiño, Barouta e Ventín, a Escola de Educación Infantil de Milladoiro e os centros unitarios de Ames, Ortoño, Bugallido, Agrón e Covas.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Ames | Etiquetado Axenda | 1 Comentario »
Setembro 20, 2009
Publicado en Allariz | Etiquetado Axenda | 1 Comentario »
Setembro 7, 2009

Unha sorpresa agarda aos nenos e nenas de Fene no comezo deste novo curso: todos aqueles que o pasado mes de maio tiveran participado nas actividades de dinamización lingüística desenvolvidas por KALANDRAKA nos centros educativos deste concello, recibirán como agasallo, nestes primeiros días de volta á escola, o CD coa gravación dos cinco programas de PALABRAS NO AR emitidos previamente na radio municipal.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Fene | Etiquetado Axenda, Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »