Archive for the ‘Monforte’ Category

h1

100 PALABRAS NO AR

Novembro 13, 2009

100 'entradas' no blog de PALABRAS NO AR

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.

h1

O BLOG DE ‘PALABRAS…’ XA TEN 5.000 VISITAS

Outubro 8, 2009

nenos mara baixa 

Moitas grazas!

 

h1

PECHADO POR VACACIÓNS

Agosto 1, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR toma un merecido descanso durante o mes de agosto. Pero non queriamos marchar sen antes deixarvos un pequeno agasallo: esta fotomontaxe a xeito de resume , un petisco do que foron estes tres intensos meses de traballo en FENE, MONFORTE  e SANTIAGO.

Pasade un bo verán e volvede onda nós en SETEMBRO.

AGARDÁMOSVOS ¡

h1

VOTA O TEU CONTO PREFERIDO

Xullo 7, 2009

Libros Blanco

Hoxe estreamos unha nova sección no blog de  PALABRAS NO AR para o que agardamos contar coa vosa inestimable colaboración: A ENQUISA.

Neste novo espazo preguntaremos a vosa opinión sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da campaña. E para comezar propoñemos que nos digades cal dos contos de PALABRAS NO AR é o que máis vos gusta. 

Buscade máis abaixo na barra lateral o lugar onde podedes facer a vosa escolla.

A que estades agardando?…A VOTAR!

h1

CONVERSA CON XULIO GAYOSO

Xullo 6, 2009

O ilustrador Xulio Gayoso, autor de "A banda de Vilacendoi", entrevistado por PALABRAS NO AR

Chámome Xulio Gayoso e son o autor de “A banda de Vilacendoi”, do que fixen o texto e as ilustracións. Son de Lugo e vivo actualmente en Cambados, nas Rías Baixas. E quero mandar un saúdo moi especial aos nenos e nenas de Monforte de Lemos, que é unha zona para min moi querida porque representa un espazo moi importante da Galicia interior, onde eu tiven grandes amigos. Un amigo meu inesquecible foi Manuel María, e a súa muller Saleta, que me acolleron moitas veces na súa casa, sobre todo na época das festas de Monforte. Por tanto, en Monforte fun moi feliz.

Read the rest of this entry ?

h1

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Xullo 3, 2009

Estreamos un novo e atractivo formato para o seguemento da campaña! O equipo de PALABRAS NO AR preséntavos esta divertida montaxe audiovisual coas voces dos nenos e nenas do CEIP A Gándara, de Monforte, que participaron nos obradoiros de oralidade cunha proposta baseada na colección “Pequechos”, de FAKTORÍA K. Xogades connosco ás adiviñas de animais?

h1

REMATAN AS EMISIÓNS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN RADIO MONFORTE

Xuño 28, 2009

telefono iogurtPodedes escoitar xa no noso blog os dous últimos programas de PALABRAS NO AR protagonizados polos nenos e nenas de Monforte. Ademáis, no programa do xoves contamos coa presenza de Xulio Gayoso, autor de A banda de Vilacendoi, quen nos descubre algúns segredos da súa obra e a súa especial relación coa vila de Lemos.

PALABRAS NO AR EMISIÓN Monforte 4 

PALABRAS NO AR EMISION Monforte 5

Continuade á espreita. As  PALABRAS NO AR  axiña atravesarán os ceos de Compostela.

h1

CONTINÚAN AS ‘PALABRAS NO AR’ NAS ONDAS DE MONFORTE

Xuño 25, 2009

Neno con megáfonoXa se emitiu o terceiro programa de PALABRAS NO AR en Radio Monforte. Foi o mércores 24 de xuño e agardamos que fora do voso agrado. Se non tivéchedes a oportunidade de escoitalo non tedes máis que premer o seguinte enlace para facelo: PALABRAS NO AR EMISIÓN Monforte 3. Non volo perdades.

Continuade con nós ata o venres 26 na frecuencia de Radio Monforte (107.4  da FM) ás 14:15 horas, na vosa emisora local de Radiofusión ás 15:15 ou a través da Internet en www.radiofusión.eu.

Ah! e non esquezades enviarnos as vosas suxerencias e comentarios. Agardámolas.

h1

CHEGA XA O SEGUNDO ‘PALABRAS NO AR’ DE MONFORTE

Xuño 24, 2009

microfono radioOnte voou o segundo PALABRAS NO AR en Monforte e xa o temos no noso blog. Todos aqueles que non tivechedes a oportunidade de escoitalo non deixedes de facelo premendo o seguinte enlace: PALABRAS NO AR Monforte 2.

Gustouvos?, pois escoitade hoxe o seguinte a través de Radio Monforte (107.4  da FM) ás 14:15 ou en calquera das emisoras de Radiofusión ás 15:15. Tamén na Internet nese mesmo horario en www.radiofusion.eu

 

h1

PRIMEIRA EMISIÓN DE ‘PALABRAS NO AR’ EN RADIO MONFORTE

Xuño 23, 2009

gramolaVelaquí o primeiro dos programas de PALABRAS NO AR en Monforte. Contos, cancions, creacións literarias, coplas, refráns, poemas…son nas voces dos nenos e nenas do concello os ingredientes duns espazos sonoros que pretenden contribuír ao uso da nosa língua dun xeito lúdico e creativo.

Os restantes programas emitiranse  de martes a venres ás 14:15  e 15:15 horas en Radio Monforte (107,4 da FM) e na rede Radiofusión , onde tamén os poderedes seguir a través da súa páxina web. Non volos perdades e seguide pendentes do nosos blog.

Preme aquí  para escoitalo: PALABRAS NO AR Monforte 1

h1

VIAXE AO MEDIEVO CO COLEXIO FERROVIARIOS DE MONFORTE

Xuño 22, 2009

Castelo Monforte

PALABRAS NO AR trasládase nesta ocasión á Idade Media cos nenos e nenas do CPR Ferroviarios de Monforte. Queredes vir? Acompañadenos nesta viaxe no tempo e disfrutade das máis imaxinativas historias de reis e raiñas e dos máis fermosos poemas recitados polos nosos protagonistas.

Read the rest of this entry ?

h1

‘PALABRAS NO AR’ EN RADIOFUSIÓN MONFORTE

Xuño 19, 2009

As emisións radiofónicas serán do 22 ao 26 de xuño

h1

ULTIMAMOS OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN RADIOFUSIÓN

Xuño 18, 2009

O equipo informativo e técnico de RADIOFUSIÓN na sala do control de son

PALABRAS NO AR volve ás ondas. A vindeira semana, dende o luns 22 ao venres 26 de xuño, na sintonía de Radiofusión Monforte (107.4 FM), os escolares do Val do Lemos serán os protagonistas dos espazos radiofónicos que recollen un resume das actividades de animación lingüística nas que participaron. O equipo de Radiofusión, con Lucía no control técnico, colabora nas emisións. PALABRAS NO AR agradécelle a esta emisora a súa implicación.

Read the rest of this entry ?

h1

BATALLA DE NAIPES NO RÍO CABE

Xuño 13, 2009

Exteriores do multiusos de Monforte.

 Á beira do río Cabe, no concello de Monforte tivo lugar unha espectacular batalla. Máis esta batalla non se librou con armas de última xeneración, foi unha batalla entre os alumnos do CEIP Monforte, Colexio Novo e os personaxes da baralla. A imaxinación e non a estratexia foi o que nos guiou a través da proposta de Batalla de naipes, de Kalandraka Editora.

Read the rest of this entry ?

h1

Os alumnos do CEIP Monforte “Colexio Novo” asisten ao obradoiro de escrita creativa.

Xuño 11, 2009

Os alumnos do CEIP Monforte “Colexio Novo”, que asistiron ao obradoiro de escrita no edificio de usos múltiples, arroupados polo río e o verde das árbores que se deixaban ver a través da enorme galería, propóñennos unha serie de pratos especialmente recomendados para o verán que está entrando con forza.

monforte 377

Read the rest of this entry ?