Arquivo para a categoría ‘Fene’

h1

VISITA O NOVO BLOG DE PALABRAS NO AR 2010

Decembro 16, 2010

Preme na imaxe e accede ao novo blog.

h1

MÁIS DE 10.000 VISITAS AO BLOG DE ‘PALABRAS NO AR’

Decembro 3, 2009

MOITAS GRAZAS A TOD@S 

 

h1

100 PALABRAS NO AR

Novembro 13, 2009

100 'entradas' no blog de PALABRAS NO AR

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.

h1

O BLOG DE ‘PALABRAS…’ XA TEN 5.000 VISITAS

Outubro 8, 2009

nenos mara baixa 

Moitas grazas!

 

h1

OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ FENE DISPOÑIBLES XA EN CD

Setembro 7, 2009

Palabras no ar: Cds Fene

Unha sorpresa agarda aos nenos e nenas de Fene no comezo deste novo curso: todos aqueles que o pasado mes de maio  tiveran participado nas actividades de dinamización lingüística desenvolvidas por KALANDRAKA nos centros educativos deste concello, recibirán como agasallo, nestes primeiros días de volta á escola, o CD coa gravación dos cinco programas de PALABRAS NO AR emitidos previamente na radio municipal.

Read the rest of this entry ?

h1

PECHADO POR VACACIÓNS

Agosto 1, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR toma un merecido descanso durante o mes de agosto. Pero non queriamos marchar sen antes deixarvos un pequeno agasallo: esta fotomontaxe a xeito de resume , un petisco do que foron estes tres intensos meses de traballo en FENE, MONFORTE  e SANTIAGO.

Pasade un bo verán e volvede onda nós en SETEMBRO.

AGARDÁMOSVOS ¡

h1

ENTREVISTAMOS A PAULA CARBALLEIRA

Xullo 9, 2009

Paula Carballeira, coas torres da catedral de Santiago ao fondo, saúda aos nenos e nenas de PALABRAS NO AR


Ola, son Paula Carballeira, e quería mandar un saúdo a todas as nenas e nenos, especialmente aos de Fene e das parroquias. Moitos bicos, grazas por participar en PALABRAS NO AR, e que as vosas palabras voen polos aires e poida escoitalas eu aquí, en Santiago de Compostela.

Read the rest of this entry ?

h1

VOTA O TEU CONTO PREFERIDO

Xullo 7, 2009

Libros Blanco

Hoxe estreamos unha nova sección no blog de  PALABRAS NO AR para o que agardamos contar coa vosa inestimable colaboración: A ENQUISA.

Neste novo espazo preguntaremos a vosa opinión sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da campaña. E para comezar propoñemos que nos digades cal dos contos de PALABRAS NO AR é o que máis vos gusta. 

Buscade máis abaixo na barra lateral o lugar onde podedes facer a vosa escolla.

A que estades agardando?…A VOTAR!

h1

MENSAXE ULTRAMAR DA AUTORA DE ‘CERCA’

Xullo 3, 2009

Natalia Colombo, autora e ilustradora de "Cerca"

Sorpresa! Hoxe asómase ao blog de PALABRAS NO AR unha invitada moi especial que nos visita dende moi lonxe, da outra beira do Atlántico, en Bos Aires. Ata aló chega o eco das PALABRAS NO AR coas que nos agasallan os nenos e nenas de Santiago, Monforte e Fene. Estes últimos, pertencentes ao CEIP As Centieiras, de Perlío, elaboraron unha historieta cos protagonistas de “Cerca”, o álbum de Natalia Colombo. Un “paxariño” pioulle a existencia deste traballo á autora e ilustradora do libro gañador do I Premio Compostela, que lles envía unha agarimosa mensaxe…

Read the rest of this entry ?

h1

OS ESCOLARES DE CENTIEIRAS FAN O CÓMIC DE ‘CERCA’

Xuño 24, 2009

Unha mostra do comic deseñado polos alumnos e alumnas de Infantil do CEIP As Centieiras (Fene) trala sesión de contos de PALABRAS NO AR

«O conto “Cerca” deixou a súa pegada nos nenos de Centieiras, así que decidiron facer unha banda deseñada coas aventuras destes novos amigos. “Pato e Coello amigos” quedoulles moi ben e presentárono na campaña de banda deseñada do equipo da nosa biblioteca. Gracias por contar e cantar e facernos desfrutar a todos».

Esta foi a entrañable mensaxe que os escolares deste colexio de Fene deixaron no blog de PALABRAS NO AR. E velaquí unha mostra dese marabilloso comic…

Read the rest of this entry ?

h1

ESCOITADE XA NO NOSO BLOG AS EMISIÓNS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN FENE

Xuño 19, 2009

 Radio antigua

Para todos aqueles que perderades algún dos programas emitidos a través da frecuencia de Radiofusión  tedes  agora a posibilidede de escoitalos as veces que queirades. Disfrutade cos nenos e nenas de Fene ceibando as súas PALABRAS NO AR.

Read the rest of this entry ?

h1

ULTIMAMOS OS PROGRAMAS DE ‘PALABRAS NO AR’ EN RADIOFUSIÓN

Xuño 18, 2009

O equipo informativo e técnico de RADIOFUSIÓN na sala do control de son

PALABRAS NO AR volve ás ondas. A vindeira semana, dende o luns 22 ao venres 26 de xuño, na sintonía de Radiofusión Monforte (107.4 FM), os escolares do Val do Lemos serán os protagonistas dos espazos radiofónicos que recollen un resume das actividades de animación lingüística nas que participaron. O equipo de Radiofusión, con Lucía no control técnico, colabora nas emisións. PALABRAS NO AR agradécelle a esta emisora a súa implicación.

Read the rest of this entry ?

h1

ASÍ COCIÑAN COAS PALABRAS OS ESCOLARES DE FENE

Xuño 16, 2009

Empanada de bicos elaborada por Uxía Castro, do CEIP da Xunqueira

Os obradoiros de escrita creativa que se realizan no marco das actividades de PALABRAS NO AR deparan interesantes propostas literarias dos escolares, nas que tampouco falta a nota de cor ou o toque artístico dos seus autores. Un exemplo desta motivación creadora é a “empanada de bicos” que nos receitou Uxía Castro, do CEIP A Xunqueira, de Fene. Mais non é a única…

Read the rest of this entry ?

h1

PAULA CARBALLEIRA EN PALABRAS NO AR

Xuño 12, 2009

Paula Carballeira, entrevistada polos escolares de Fene, a súa vila natal

A autora, narradora e actriz Paula Carballeira (Fene, 1972) é a protagonista do derradeiro programa radiofónico de PALABRAS NO AR na sintonía de Radiofusión Ferrolterra. Os escolares do Ceip da Xunqueira e do Ramo fixéronlle unha interesante entrevista sobre os seus comezos na escrita, os seus contos preferidos e as distintas facetas do seu traballo. Hoxe ás 14:15 e ás 15:15 horas no 107.7 da FM.

Read the rest of this entry ?

h1

PRESENTACIÓN OFICIAL DE “PALABRAS NO AR”

Xuño 9, 2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na presentación de "Bocaberta" 

KALANDRAKA participa na campaña de Dinamización Lingüística “Bocaberta”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, cun programa renovado de actividades co lema PALABRAS NO AR, dirixido a uns 7.000 escolares de Educación Infantil e Primaria de nove concellos galegos: Fene, Monforte, Santiago, Ames, Allariz, A Estrada, Redondela, Culleredo e Cambados. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou hoxe en Compostela a campaña “Bocaberta”.

Read the rest of this entry ?

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.