Archive for the ‘Culleredo’ Category

h1

MOI PRONTO NO BLOG, NOVAS DAS ACTIVIDADES EN CULLEREDO

Novembro 27, 2009

Como xa sabedes, PALABRAS NO AR segue a desenvolver as súas actividades no coruñés concello de Culleredo. Despois da primeira semana de Obradoiros de escrita e de oralidade, estanse a desenvolver  estes días no Edificio de Usos Múltiples de O Burgo as sesións de contos con música. Moi pronto teredes información no blog do que alí está acontecendo, e recordade que as emisións radiofónicas están previstas para os días 14 ao 18 de decembro en Radio Culleredo no 101.2 da FM.

Continuade á espreita das vosas PALABRAS NO AR.

h1

100 PALABRAS NO AR

Novembro 13, 2009

100 'entradas' no blog de PALABRAS NO AR

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.

h1

…PRÓXIMA PARADA, EN CULLEREDO

Novembro 12, 2009

Vista da Torre de Celas, museo etnográfico de Culleredo

A oitava etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza a partir deste luns día 16 en Culleredo. Esta iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, consiste en sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, que se desenvolverán ata o 27 de novembro. Participarán máis de 800 escolares de cero a once anos de idade, pertencentes aos CEIP Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo, Ría do Burgo, o CEIP de Tarrío e o CPR Ponte da Pasaxe.

Read the rest of this entry ?

h1

O BLOG DE ‘PALABRAS…’ XA TEN 5.000 VISITAS

Outubro 8, 2009

nenos mara baixa 

Moitas grazas!

 

h1

VOTA O TEU CONTO PREFERIDO

Xullo 7, 2009

Libros Blanco

Hoxe estreamos unha nova sección no blog de  PALABRAS NO AR para o que agardamos contar coa vosa inestimable colaboración: A ENQUISA.

Neste novo espazo preguntaremos a vosa opinión sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da campaña. E para comezar propoñemos que nos digades cal dos contos de PALABRAS NO AR é o que máis vos gusta. 

Buscade máis abaixo na barra lateral o lugar onde podedes facer a vosa escolla.

A que estades agardando?…A VOTAR!

h1

PRESENTACIÓN OFICIAL DE “PALABRAS NO AR”

Xuño 9, 2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na presentación de "Bocaberta" 

KALANDRAKA participa na campaña de Dinamización Lingüística “Bocaberta”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, cun programa renovado de actividades co lema PALABRAS NO AR, dirixido a uns 7.000 escolares de Educación Infantil e Primaria de nove concellos galegos: Fene, Monforte, Santiago, Ames, Allariz, A Estrada, Redondela, Culleredo e Cambados. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou hoxe en Compostela a campaña “Bocaberta”.

Read the rest of this entry ?

h1

CARTAZ DA CAMPAÑA “PALABRAS NO AR”

Maio 15, 2009

Cartel da campaña "Palabras no ar"

Este é o cartaz da campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR, que se porá en marcha a última semana de maio en Fene. Neste blog estarás informado de todas as actividades de contacontos, os obradoiros de escrita creativa e de oralidade, e os programas radiofónicos que poderás escoitar cos mellores momentos das sesións. Benvido/a a este foro, onde contamos coas túas opinións e comentarios.

Saúdos do equipo de PALABRAS NO AR e de KALANDRAKA.

h1

PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Maio 15, 2009

Programa de Dinamización Lingüística, co lema Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta

A campaña PALABRAS NO AR forma parte dun programa de Dinamización Lingüística organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. KALANDRAKA desenvolverá o seu programa de actividades durante este ano 2009 nos concellos de Fene (maio), Monforte (xuño), Santiago (xuño-xullo), Ames (xullo), Allariz (setembro), A Estrada (outubro), Redondela (outubro-novembro), Culleredo (novembro), Cambados (decembro).