Archive for the ‘Cambados’ Category
Novembro 30, 2009

Despois da súa estadía en Culleredo, PALABRAS NO AR trasládase á localidade pontevedresa de Cambados onde comeza o día 30 de novembro. Contos con música, obradoiros de oralidade e de escrita ocuparán o tempo de case 800 nenos e nenas dos centros escolares de infantil e primaria deste municipio ate o 11 de decembro. Os programas radiofónicos emitiranse a través de Radio Lider Cambados ás 13:30 horas na semana do luns 11 ao venres 15 de xaneiro na frecuencia do 107.9 FM. E coma sempre, poderedes seguir aquí a evolución de todas as actividades.
Para máis información, descarga a nota de presa.
Publicado en Cambados | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »
Novembro 13, 2009

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | 1 Comentario »
Xullo 7, 2009

Hoxe estreamos unha nova sección no blog de PALABRAS NO AR para o que agardamos contar coa vosa inestimable colaboración: A ENQUISA.
Neste novo espazo preguntaremos a vosa opinión sobre diferentes aspectos do desenvolvemento da campaña. E para comezar propoñemos que nos digades cal dos contos de PALABRAS NO AR é o que máis vos gusta.
Buscade máis abaixo na barra lateral o lugar onde podedes facer a vosa escolla.
A que estades agardando?…A VOTAR!
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Enquisas | Deixa un comentario »
Xuño 9, 2009
KALANDRAKA participa na campaña de Dinamización Lingüística “Bocaberta”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, cun programa renovado de actividades co lema PALABRAS NO AR, dirixido a uns 7.000 escolares de Educación Infantil e Primaria de nove concellos galegos: Fene, Monforte, Santiago, Ames, Allariz, A Estrada, Redondela, Culleredo e Cambados. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou hoxe en Compostela a campaña “Bocaberta”.
Read the rest of this entry ?
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »
Maio 15, 2009

Este é o cartaz da campaña de dinamización lingüística PALABRAS NO AR, que se porá en marcha a última semana de maio en Fene. Neste blog estarás informado de todas as actividades de contacontos, os obradoiros de escrita creativa e de oralidade, e os programas radiofónicos que poderás escoitar cos mellores momentos das sesións. Benvido/a a este foro, onde contamos coas túas opinións e comentarios.
Saúdos do equipo de PALABRAS NO AR e de KALANDRAKA.
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »
Maio 15, 2009

A campaña PALABRAS NO AR forma parte dun programa de Dinamización Lingüística organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. KALANDRAKA desenvolverá o seu programa de actividades durante este ano 2009 nos concellos de Fene (maio), Monforte (xuño), Santiago (xuño-xullo), Ames (xullo), Allariz (setembro), A Estrada (outubro), Redondela (outubro-novembro), Culleredo (novembro), Cambados (decembro).
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | Deixa un comentario »