Archive for the ‘Allariz’ Category
Decembro 21, 2009

O ilustrador ourensán Pablo Otero foi un dos invitados de PALABRAS NO AR, ao seu paso por Allariz. Para os escolares desta vila en particular, e do resto de Galicia en xeral, enviou un saúdo e unha petición…
“…Gustaríame pedirvos que forades o máis curiosos posible. Que vos fagades moitas preguntas. Que non teñades medo á hora de saír á rúa e coller cousas que atopedes por aí; cousas que non sexan de ningúen, ou que sexan de todos. Collédeas, cheirádeas. Paus, pedras, madeiras… Atesourádeas, porque moitas veces non se sabe para onde imos tirar. E disfrutade, simplemente!”
Durante a súa participación nos obradoiros de escrita, os alumnos e alumnas do CEIP Padre Feijóo fixéronlle unha interesante entrevista, na que abarcan aspectos tan sorprendentes como a orixe de libros como “Mateo”, “O príncipe das sombras” e “ABCdiario”, ou o significado do concepto creatividade.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Allariz | Etiquetado Convidad@s | Deixar un comentario »
Novembro 13, 2009

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.
Publicado en A Estrada, Allariz, Ames, Cambados, Culleredo, Fene, Monforte, Redondela, Santiago | Etiquetado Axenda | 1 Comentario »
Outubro 16, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR depídese de Allariz coa emisión do derradeiro programa radiofónico no que Olalla González e Marc Taeger, autores de “Garavanciño“, envían un agarimoso saúdo para todos os nenos e nenas da vila. Agradecemos a colaboración de todos os que participastes nas acticidades e, especialmente, ao equipo de Cultura do Concello e á Radio Municipal de Allariz pola súa axuda e complicidade.
Continuade atentos ás PALABRAS NO AR.
Publicado en Allariz | Etiquetado Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Outubro 15, 2009

Xa podedes escoitar o cuarto espazo radiofónico de PALABRAS NO AR directamente neste blog. Non perdades as interesantes reflexións que fai o artista plástico ourensán Pablo Otero a preguntas dos nenos e nenas de Allariz. Na súa intervención, relata cal é súa a relación coa vila do Arnoia. Continuade atentos á frecuencia de Radio Allariz para escoitar mañá o derradeiro programa desta etapa. Haberá máis invitados sorpresa…
Publicado en Allariz | Etiquetado Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Outubro 14, 2009

O terceiro programa de ‘PALABRAS…’ xa está no ar! E ben seguro que moitos dos que nos seguides dende esta vila ourensá o teredes escoitado, non si? Se non o puidestes facer, non vos apuredes. Podedes descargalo, coma sempre, neste blog, accedendo á sección PROGRAMAS na barra lateral. E continuade atentos a Radio Allariz! No espazo radiofónico de mañá haberá un invitado moi especial que nos vai descubrir cousas sobre o seu traballo e a súa relación coa vila.
Publicado en Allariz | Etiquetado Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Outubro 13, 2009

Escoitade hoxe en Radio Allariz, ás 13:05 e ás 15:00 horas, a segunda das nosas emisións, protagonizada polos nenos e nenas da vila ourensá arredor da campaña PALABRAS NO AR. E se non tedes oportunidade de sintonizalo no horario programado, descargádeo directamente nesta web.
Publicado en Allariz | Etiquetado Emisións radiofónicas | 2 Comentarios »
Outubro 12, 2009

Como anunciaramos, hoxe retómanse as emisións radiofónicas de PALABRAS NO AR . Os novos programas acompañaranvos ata o 16 de outubro ás 13:05 e ás 15:00 horas, na sintonía de Radio Allariz (107,2 FM) . E para aqueles que non teñades a oportunidade de escoitalos a través do receptor, podedes facelo aquí mesmo ou por Internet, enlazando coa emisión dixital de Radio Allariz nos horarios programados. Moitas grazas a todos os nenos e nenas que teñen participado nas actividades, ao departamento de Cultura do Concello e, en especial, ao equipo de Radio Allariz pola súa colaboración.
Publicado en Allariz | Etiquetado Axenda, Emisións radiofónicas | Deixar un comentario »
Outubro 7, 2009

Os obradoiros de escrita da campaña PALABRAS NO AR xiran en torno ao enleo reviravoltado e dan pé a simpáticos relatos de malentendidos, de ‘leva-e-trae’, que abofé serán do voso agrado. Botádelle un ollo a estes exemplos humorísticos onde, a cada volta e a cada novo personaxe, o que nun principio era, pasa a ser outra cousa cada vez máis divertida. Gozade da lectura destes relatos de “Enleo de naipes”:
Read the rest of this entry ?
Publicado en Allariz | Etiquetado Escrita | Deixar un comentario »
Outubro 6, 2009

Despois de tanto traballar no obradoiro de escrita, os alumnos do C.E.I.P. Padre Feijóo de Allariz quedaron cun pouco de fame, así que fomos de merenda á beira do río Arnoia. Os cociñeiros e cociñeiras de quinto curso propuxeron un menú un tanto especial. Lede con atención as receitas porque, a verdade, é que foi unha merenda única!
Read the rest of this entry ?
Publicado en Allariz | Etiquetado Escrita | Deixar un comentario »
Outubro 5, 2009

As nenas e nenos do CEIP Padre Feijoo de Allariz lévannos cara ao medievo a través dos breves relatos elaborados nos obradoiros de escrita da campaña PALABRAS NO AR. Esta pequena viaxe no tempo é tamén atemporal xa que non impide que aparezan personaxes coma Obama, as hipotecas, os banqueiros, e historias de todo tipo que nos traen de novo aos nosos días. Botádelle un ollo a esta pequena selección que de seguro vos vai encantar.
Read the rest of this entry ?
Publicado en Allariz | Etiquetado Escrita | Deixar un comentario »
Setembro 29, 2009

Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de 1º curso do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Nunha estupenda mañá de outono, e despois de pasar diante do mercado, chegaron á Biblioteca Municipal para participar nas sesións de contos con música de PALABRAS NO AR. Alí agardábanos Pablo e Patricia cunha chea de personaxes, algún moi familiar para eles…
Read the rest of this entry ?
Publicado en Allariz | Etiquetado Contacontos | Deixar un comentario »