
MENÚS ORIXINAIS EN SAN TOMÉ
Febreiro 18, 2010
Cocido de ceros. Gorentosa e nutritiva receita, ainda que non moi aconsellable para aqueles que esteamos na escola. Por iso os alumnos e alumnas do CEIP San Tomé elaboraron no obradoiro de escrita creativa uns menús máis apropiados aproveitando os mellores ingredientes do mar do Salnés.
Inspirados na obra Sopa de soño… de José Antonio Rodríguez Lozano e Riki Blanco, os rapeces e rapazas de 6º curso de primaria foron quen de crear imaxinativas receitas na “cociña das palabras” que vos ofrecemos a continuación en dous orixinais menús.
Bo proveito.
MENÚ Nº 1
-
Cocktail de cabos
-
Empanada de cunchiñas
-
Churrasco de cadernas
-
Dornas con chocolate
MENÚ Nº 2
-
Escuma de mar con azucre
-
Mensaxe de botella ao vapor
-
Gamelas na súa tinta
-
Milfollas de cartas
Satisfeitos? Agardamos as vosas suxerencias e comentarios….














unha nova receita
barca ao vapor etc etc