Arquivo de Novembro, 2009

h1

‘PALABRAS NO AR’ CHEGA A CAMBADOS

Novembro 30, 2009

Despois da súa estadía en Culleredo, PALABRAS NO AR trasládase á localidade pontevedresa de Cambados onde comeza o día 30 de novembro. Contos con música, obradoiros de oralidade e de escrita ocuparán o tempo de case 800 nenos e nenas dos centros escolares de infantil e primaria deste municipio ate o 11 de decembro. Os programas radiofónicos emitiranse a través de Radio Lider Cambados  ás 13:30 horas na semana do luns 11 ao venres 15 de xaneiro na frecuencia do 107.9 FM. E coma sempre, poderedes seguir aquí a evolución de todas as actividades.

Para máis información, descarga a nota de presa.

h1

MENÚS DE OUTONO EN QUINTELA

Novembro 28, 2009

 

Preséntavos de seguido outra aportación ao mundo da gastronomía das palabras e da imaxinación: uns deliciosos menús de outono elaborados polos nenos e nenas do colexio de Quintela (Redondela) nun dos obradoiros de PALABRAS NO AR.  Entrantes, primeiros e segundo pratos, sobremesas…Aguzade os vosos sentidos para saborear as receitas máis orixinais da cociña de tempada.

Read the rest of this entry ?

h1

ORIXES E HISTORIA DA RAPA DAS BESTAS

Novembro 28, 2009

Escoitade ben porque nesta ocasión ofrecémosvos un par aventuras que forman parte da longa historia da Rapa das bestas, festa centenaria do lugar de Sabucedo, en A Estrada, e que nos son achegadas polas nenas e nenos do CEIP Figuieroa. Estas historias recrean unha parte da festa grazas á proposta de Batalla de naipes para o obradoiro de escrita creativa nesta campaña da editorial Kalandraka. Os personaxes da baralla achégannos nesta ocasión unha parte da nosa propia historia…

Read the rest of this entry ?

h1

HISTORIAS PARA NON ESQUECER

Novembro 27, 2009

De entre os buxos do Pazo de Oca chégannos estas historias escritas polos alumnos do Ceip Figueroa no obradoiro de escrita creativa da campaña PALABRAS NO AR. Relatos fermosos elaborados a partir da proposta de Batalla de naipes e que nos  levan por lugares  capaces de nos facer perder a memoria. Moito ollo, amarrade ben os vosos recordos porque poden desaparecer sobre as augas do esquecemento.

Read the rest of this entry ?

h1

MOI PRONTO NO BLOG, NOVAS DAS ACTIVIDADES EN CULLEREDO

Novembro 27, 2009

Como xa sabedes, PALABRAS NO AR segue a desenvolver as súas actividades no coruñés concello de Culleredo. Despois da primeira semana de Obradoiros de escrita e de oralidade, estanse a desenvolver  estes días no Edificio de Usos Múltiples de O Burgo as sesións de contos con música. Moi pronto teredes información no blog do que alí está acontecendo, e recordade que as emisións radiofónicas están previstas para os días 14 ao 18 de decembro en Radio Culleredo no 101.2 da FM.

Continuade á espreita das vosas PALABRAS NO AR.

h1

‘PALABRAS…’ DOS NOSOS AVÓS

Novembro 26, 2009

Coñecédelos? Pois si, son  Manuel e Manuela, os protagonista de Avós, a entrañable historia escrita por Chema Heras e ilustrada por Rosa Osuna que podedes ler nas vosas bibliotecas. A súa vida, como a dos vosos propios avós, foi moi diferente á nosa: os xogos, a forma de divertirse, os seus traballos, a música que adoitaban escoitar…e ata a forma de falar ou de comunicarse era diferente. Por iso, en PALABRAS NO AR quixemos adicar parte dos obradoiros de oralidade a pensar e a expresar esas diferenzas. Continuade a ler e mergulládevos nun anaquiño do noso pasado.

Read the rest of this entry ?

h1

GÚSTAME…A ESTRADA !

Novembro 25, 2009

PALABRAS NO AR  traevos hoxe unha nova proposta da man dos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi. Convertédevos en xuices deste divertido concurso para atopar a mellor descripción da vila de A Estrada. E quen sabe … quizais descubramos algún xenio da publicidade.

Read the rest of this entry ?

h1

“BATALLA DE NAIPES” NA ESTRADA

Novembro 22, 2009

Carola, a galiña da bufanda azul, ten conta dos nosos creadores e grazas ao seu aXexo creamos un novo mundo de batallas. Chega outro capítulo de Batalla de naipes, baseado no libro de KALANDRAKA, da man das alumnas e alumnos do CEIP Figueroa, da Estrada. Emocionantes aventuras dos nosos queridos personaxes da baralla que, desta vez, queren ser persoas normais, que acaban no hospital, e mesmo descobren familiares que tiñan perdidos. Botádelle unha ollada a estes relatos que nos achegan ao fantástico mundo que se agocha tralos reis, cabalos, ouros, sotas e espadas.  Read the rest of this entry ?

h1

“PEQUECHOS” DO MAR… EN REDONDELA

Novembro 20, 2009

O equipo de PALABRAS NO AR e os nenos e nenas do CEIP Santo Paio de Abaixo propoñémosvos un novo xogo: pequechos da ría… de Redondela!

Esta proposta, desenvolvida nun dos obradoiros de oralidade con nenos de 5º curso de Educación Primaria, está inspirada na colección Pequechos, editada por FAKTORÍA K. Collede papel e lapis e ide anotando os vosos acertos neste divertido enredo cos animais mariños. Despois, comprobade a puntuación obtida na táboa que tedes abaixo. Atrevédesvos a pescar?

Read the rest of this entry ?

h1

AS ‘PALABRAS…’ DA ESTRADA, XA NO BLOG

Novembro 14, 2009

Ilustración de Batalla de Naipes_J. Rodes_Kalandraka EditoraO carteiro real xa nos trouxo os cinco programas de PALABRAS NO AR emitidos en Radio Estrada para pór á vosa disposición no blog. Non vos perdades o que teñen que contar os nenos e nenas deste concello sobre o lugar onde viven. E coma sempre, contos, músicas, coplas, adiviñas, refráns, orixinais receitas de cociña, historias de intriga pacega… seguen presentes nas nosas emisións.

Accedede aos programas na barra lateral do blog ou desde a propia páxina web da emisora.

Agardámosvos.

h1

100 PALABRAS NO AR

Novembro 13, 2009

100 'entradas' no blog de PALABRAS NO AR

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celebramos a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que facemos un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. Queremos compartir este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.

h1

…PRÓXIMA PARADA, EN CULLEREDO

Novembro 12, 2009

Vista da Torre de Celas, museo etnográfico de Culleredo

A oitava etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza a partir deste luns día 16 en Culleredo. Esta iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, consiste en sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, que se desenvolverán ata o 27 de novembro. Participarán máis de 800 escolares de cero a once anos de idade, pertencentes aos CEIP Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo, Ría do Burgo, o CEIP de Tarrío e o CPR Ponte da Pasaxe.

Read the rest of this entry ?

h1

CONTOS E MÚSICA EN QUINTELA E VENTOSELA

Novembro 11, 2009

PALABRAS NO AR en Ceip Quintela 3

A seguinte xornada de PALABRAS NO AR  en Redondela levou a actividade de contos con música ata as parroquias de Quintela e de Ventosela. Como noutras ocasións, música e contos para animar os máis pequenos no emprego da nosa lingua.

Read the rest of this entry ?

h1

‘PALABRAS…’ DE OUTONO EN CESANTES

Novembro 10, 2009

Froitas de Outono en Outeiro das Penas

Velaquí unha mostra dos traballo que atopou o equipo de PALABRAS NO AR na súa visita ao CEIP Outeiro das Penas. Semella que o outono ten chegado a Cesantes… É, pois, tempo de castañas, de magostos, de chuvias e de contos. Por iso, como hai moitos, moitos  anos, recollémonos -maiores e pequenos- en torno ao poder evocador da música e da palabra.

Read the rest of this entry ?

h1

‘PALABRAS NO AR’ NA VILA DE REDONDELA

Novembro 9, 2009

PALABRAS NO AR en Ceip Santa Mariña 1

A EEI A Marisma e o CEIP Santa Mariña foron outras paradas de PALABRAS NO AR no seu itinerario por estas terras. Alí, e cos ecos recentes da celebración do Samaín, acochámonos nunha preciosa biblioteca para contar e cantar cos nenos e nenas da vila de Redondela.

Read the rest of this entry ?