
DESCUBRIMOS UN NOVO “CANCIONEIRO” NAS FONTIÑAS
Xullo 6, 2009
Os alumnos da Escola Municipal de Verán de Santiago de Compostela que se desenvolve no CEIP das Fontiñas estiveron e traballar un pouquichiño coas coplas. Neste obradoiro organizado por KALANDRAKA no marco da campaña Bocaberta, que parte da proposta de “A banda de Vilacendoi“, as nenas e nenos tiveron a oportunidade de reescribir parte da nosa tradición oral grazas a un exercicio no que eles mesmos inventaron unha parte dos versos.
Os resultados, unhas veces divertidos, outras imaxinativos, son os que podedes escoitar de seguido. Animádevos a coller a pandeireta e a buscarlles unha música a estas coplas tan singulares. Presentamos así o Cancioneiro das Fontiñas:

Para peixe fresco Vigo,
para choco Redondela,
para camarón Moaña,
Carballeira de Tenorio
heina de mandar cortar,
cando vou p’a Pontevedra
Bailador baila con ela
bailador baila con ela,
que che ten unha cariña
Os suspiros dunha mincha,
as bágoas dun mexilón,
os cantares dun percebe,
Para peixe fresco Vigo
para choco Redondela
para camarón Moaña
Bailador baila con ela,
bailador baila con ela,
que che ten unha cariña
Lévame no carro leva
carreteiriño das uvas,
lévame no carro leva
O río cando vai cheo
leva carballos e follas,
tamén podía levar
Mozos cantade e bailade
divertídevos coa xente,
que o tempo da mocedade
Alá arriba non sei onde
topeime non sei con quen,
non sei que cousa me dixo
Mandade as vosas coplas para que poidamos completar este orixinal cancioneiro.
Animádevos ¡













Tátara tátara tátara ta….
Esta vai por despedida,
e máis non e pra marchar,
vou deixa-la pandeireta
pra quen a queira tocar.
Noraboa para os nenos de Fontiñas e para o equipo de Palabras no ar.
Unha forte aperta dende a beiriña do mar.
Bos días,
¿alguén poderíame dicir de quen é a cancion orixinal e se é posible a sua descarga da web?
Moitas gracias!
Ola Óscar, trátase dunha cantiga popular galega, polo tanto a súa autoría non está determinada.
Grazas por seguir o blog de Palabras no Ar.